Mónica Carrillo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMónica Carrillo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento16 de setembro de 1976 Editar o valor em Wikidata (47 anos)
Elx, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoLiteratura e television broadcasting of news (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónxornalista , escritora , presentadora de televisión , television journalist (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
EmpregadorAntena 3 (2006–)
Televisión Española (2000–2006) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua alemá Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webmonicaenlared.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm3266047 Facebook: MonicaCarrilloTV Twitter: MonicaCarrillo Instagram: monica_carrillo__ Editar o valor em Wikidata

Mónica Carrillo, nada en Elx o 16 de setembro de 1976, é unha xornalista, presentadora de TV e escritora española. Na actualidade presenta, xunto a Matías Prats, o informativo "Noticias Fin de Semana" que se emite cada sábado e domingo ás 15:00 e ás 21:00h en Antena 3.

Biografía[editar | editar a fonte]

Licenciada en Xornalismo pola Universidade Carlos III de Madrid no ano 2000 e Diplomada en Turismo pola Universidade de Alacant, previamente cursou estudos de Arquitectura. Así mesmo, estudou inglés, francés e alemán. En 1998 obtivo unha bolsa Erasmus en Múnic onde cursou o último ano dos seus estudos de turismo.

O seu primeiro contacto cos medios de comunicación chegoulle da man da Axencia EFE. Alí formou parte do equipo de EFE-RADIO onde realizou labores de redacción, locución e cobertura de informativos durante máis dun ano.

O 3 de abril de 2014 publicou a súa primeira novela, "La luz de Candela", que alcanzou a súa terceira edición en tan só unha semana. O libro narra a historia de Candela, unha fotógrafa seducida por Manuel, un xove modelo. Con el vivirá unha historia de amor tan fascinante como aditiva. A obra inclúe unha recompilación dalgúns dos microcontos publicados pola xornalista en Twitter. Moi activa nesta rede social, o seu perfil @MonicaCarrillo conseguiu a fidelidade de centos de miles de seguidores que len diariamente os seus comentarios e microrrelatos.

TVE 1 (2000 - 2006)[editar | editar a fonte]

No verán do ano 2000 chegou a Televisión Española cunha bolsa de estudos. Durante tres meses colaborou na Área Nacional dos Telexornais na primeira e a segunda edición.

Posteriormente formou parte do equipo de xornalistas que arrincaron o Gabinete de Seguimento de Medios do PSOE.

En xullo de 2001 volveu a TVE como redactora da área de Economía da Canle 24 horas (TVE) onde tamén colaborou no programa Mercados e Negocios.

No verán de 2004 encargouse da redacción e presentación do espazo de información bolsista do Telexornal Matinal.

En setembro de 2004 incorporouse ao equipo do Diario América, o informativo internacional en lingua española de maior audiencia. Durante máis de dous anos participou na redacción e presentación deste telexornal.

Antena 3 (2006 - actual)[editar | editar a fonte]

Desde decembro de 2006 forma parte do equipo de Antena 3 Noticias. Durante dúas tempadas presentou o informativo matinal As Noticias da Mañá xunto a Luís Fraga e esporadicamente as Noticias fin de semana.

Na tempada 2008-2009 pasou a presentar, xunto a Matías Prats, o informativo de referencia "Noticias das 9". O equipo obtivo o TP de ouro ao mellor programa informativo.

De aí saltou á edición das 15:00 horas, onde estivo a presentar as "Noticias das 3"' durante tres tempadas. Primeiro, entre 2009 e 2011, xunto a Roberto Arce e despois, entre 2011 e 2012, xunto a Vicente Vallés. Desde o día 3 de setembro de 2012, volve ao prime time para presentar xunto a Matías Prats as "Noticias das 9".[1]

Desde xuño de 2013 converteuse nunha das colaboradoras habituais do programa Un Lugar Llamado Mundo que presenta o produtor musical Javier Limón en Europa FM onde todos os sábados, ás 17:00 horas, comenta con el a actualidade musical española e internacional no espazo #MonicavsLimon.

Ademais dos labores na redacción de informativos, Mónica Carrillo participa en varias seccións da web de noticias de Antena 3. No apartado Detrás de la cámara ensina as reviravoltas do traballo en televisión. Así mesmo, realizou entrevistas a personaxes relevantes na sección En la red de Mónica denominada desde 2014 Fose de contexto.

A xornalista tamén é colaboradora habitual no programa de radio "Un lugar llamado mundo" de Europa FM,

Televisión[editar | editar a fonte]

Como presentadora[editar | editar a fonte]

  • 2004 - 2006: Telexornal Internacional "Diario América", en TVE
  • 2006 - actualidade: Antena 3 Noticias, en Antena 3

Como colaboradora[editar | editar a fonte]

  • 2012: La Hora de José Mota, na 1 (Episodio "O que moito abarca pouco aperta", emitido o 20 de xaneiro)
  • 2011: Seven. Los 7 pecados capitales de provincia, na 1 (TV Movie) (Especial de Noitevella)[2][3]

Radio[editar | editar a fonte]

  • 2013 - actualidade: Un Lugar Llamado Mundo, en Europa FM

Escritora[editar | editar a fonte]

  • La luz de Candea (2014)
  • Olvidé decirte te quiero (2016)

Premios[editar | editar a fonte]

Premios TP de Ouro 2009[editar | editar a fonte]

  • TP de Ouro ao mellor informativo diario por A3 Noticias 2 (compartido con Matías Prats)[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Vertele. "Los nuevos dúos de Antena 3 Noticias". Arquivado dende o orixinal o 01 de setembro de 2012. Consultado o 30 de agosto de 2012. 
  2. ""Seven. Los 7 pecados capitales de provincia", el especial de Nochevieja de José Mota". RTVE. 28/12/11. Consultado o 6 de outubro de 2013. 
  3. "Se7en. Los 7 pecados capitales de provincia" (en inglés). IMDb. 2011. Consultado o 6 de outubro de 2013. 
  4. "Premios TP de Oro 2009: Mónica Carrillo" (en castelán). Fórmula TV. Consultado o 6 de outubro de 2013.