Método empírico-analítico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre ciencias é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

O método empírico-analítico é un modelo de investigación científica que se basea na experimentación e a lóxica empírica que, xunto coa observación de fenómenos e a súa análise estatística, é o máis usado no campo das ciencias sociais e no das ciencias naturais.

O termo empírico deriva do grego antigo (Aristóteles utilizaba a reflexión analítica e o método empírico como métodos para construír o coñecemento de experiencias), έμπειρία empeiría, que á súa vez deriva de έυ- eu-, "en" e πεἳρα peiría, "proba": en probas, é dicir, levando a cabo o experimento. Polo tanto os datos empíricos son sacados das probas (acertadas e dos erros), é dicir, da experiencia.

A súa achega ao proceso de investigación é resultado fundamentalmente da experiencia. Estes métodos posibilitan revelar as relacións esenciais e as características fundamentais do obxecto de estudo, accesíbeis á detección sensoperceptual, a través de procedementos prácticos co obxecto e diversos medios de estudo. A súa utilidade destaca na entrada en campos inexplorados ou en aqueles nos que destaca o estudo descritivo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibilografía[editar | editar a fonte]

Marisa Radrigán, R. (2005): Metodología de la investigación. México: Nueva Lente.

Outros arigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]