Método de Newton
| Método de Newton | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||
|
Fórmula
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||

En análise numérica, o método de Newton–Raphson, tamén coñecido sinxelamente como método de Newton , nomeado após Isaac Newton e Joseph Raphson, é un algoritmo de busca de raíces que produce succesivamente aproximacións mellores ás raíces (ou ceros) dunha función con valores reais. A versión máis básica do algoritmo comeza cunha función a valores reais f, a súa derivada f′, e unha suposición inicial x0 para unha raíz de f. Se f satisfai certas condicións e a suposición inicial é próxima á raíz, entón
é unha aproximación da raíz mellor que x0. Xeométricamente (x1, 0) é o corte co eixo OX da tanxente á gráfica de f en (x0 f(x0)): isto é, a suposición mellorada, x1, é a raíz única da aproximación lineal de f na suposición inicial, x0. O proceso é repetido mediante
até que se chega a un valor suficientemente preciso. O número de díxitos correctos duplícase aproximadamente en cada paso. Este algoritmo é o primeiro na clase dos métodos de Householder, e foi sucedido polo método de Halley. O método tamén pode ser estendido a funcións complexas e a sistemas de ecuacións.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gil, A.; Segura, J.; Temme, N. M. (2007). Numerical Methods for Special Functions. Society for Industrial and Applied Mathematics. ISBN 978-0-89871-634-4.
- Süli, Endre; Mayers, David. An Introduction to Numerical Analysis. Cambridge University Press, 2003, ISBN 0-521-00794-1.