Método da hematoxilina ácida fosfotúngstica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O método da hematoxilina ácida fosfotungstica de Mallory, ou PTAH (siglas inglesas de Mallory's phosphotungstic acid haematoxylin) é unha técnica para a demostración, principalmente, de fibrina, estriacións musculares e moitas estruturas do sistema nervioso central.

Este método de tinguidura foi introducido por Mallory no ano 1900 para colorear selectivamente as estriacións musculares e a fibrina. A pesar da antigüidade da técnica aínda non se descubriu o seu mecanismo químico, no cal existe unha tinguidura diferencial polícroma entre as dúas estruturas.

Fundamento[editar | editar a fonte]

O fundamento desta tinguidura consiste na reacción entre a hemateína (produto da oxidación da hematoxilina) e o ácido fosfotungstico, producindo unha solución ácida forte que contén tanto ións azuis (máis estables) coma vermellos. A coloración das partículas vermellas PTA, máis grandes que as azuis, estaría limitada ás estruturas máis permeables, como son as fibras de coláxeno. As menos permeables tínguense coas partículas azuis.

Utilízase músculo esquelético ou cardíaco, tecido con contido en fibrina, ou codia cerebral. É preferible fixar con Zenker que con formol. As seccións deben ser de 4 micrómetros para músculo e de 6 para cerebro.

Reactivos[editar | editar a fonte]

  1. Hematoxilina ácida fosfotungstica
    1. hematoxilina 1gr
    2. ácido fosfotungstico 20gr
    3. auga destilada 1l
  1. Permanganato potásico 0.25%
  1. Ácido oxálico 5%

Procedemento[editar | editar a fonte]

  1. desparafinar e hidratar
  2. oxidar con permanganato potásico 0,25%, 5 min.
  3. lavar con auga destilada
  4. aclarar con ácido oxálico, hasta eliminar a cor
  5. tinguir coa hematoxilina ácida fosfotúngstica, toda unha noite a temperatura ambiente
  6. deshidratar rápido, aclarar e montar

A deshidratación debe ser rápida, xa que tanto a auga como o alcohol poden eliminar a tinguidura. Pódense recortar tempos utilizando unha estufa a 56 °C (2 horas en total, aproximadamente).

Resultados[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • García del Moral, Raimundo (1993). Interamericana Mc Graw Hill, ed. Laboratorio de anatomía patológica (1 Ed ed.). 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]