Método comunicativo de ensino de linguas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O Método Comunicativo é unha abordaxe no ensino de linguas que pon a énfase na interacción como medio de estudo e como fin último. Pon o foco no sentido, isto é, no significado, na interacción entre os falantes, nas súas intencións e funcións lingüísticas. O ensino da gramática dos modelos tradicionais é abandonado ou permanece nun segundo plano.

Os aprendentes de linguas nos contextos en que se usa o método comunicativo practican a lingua meta a través da interacción con outros estudantes e co profesor ou instrutor. Úsanse xeralmente "textos auténticos" (escritos na lingua meta con propósitos adicionais ós da mera aprendizaxe lingüística), tanto na aula coma fóra da aula.

Os estudantes conversan acerca de experiencias persoais cos seus compañeiros e os profesores tratan temas fora do ámbito da gramática tradicional co fin de promover as en todos os tipos de situacións.

O obxectivo do método comunicativo é crear condicións que axuden na adquisición dun desempeño real nunha nova lingua a través da práctica com actividades que simulan unha interacción verdadeira sobre tópicos reais, e en ocasións mesmo conflitivos.

Nas clases en que se adopta este método, o profesor actúa como coordinador e facilitador da aprendizaxe, provendo materiais e situacións para que o estudante pense e interactúa na lingua meta. Entre as actividades que se levan a cabo nas aulas téndese a facer tarefas en pares ou grupos, normalmente colaborativas.

Un aspecto importante deste método é que se concentra na capacidade do alumno en transmitir as súas ideas e experiencias.