Saltar ao contido

Métis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Métis
Distribución da poboación métis no Canadá, censo de 2021.
Poboación
Poboación total:
624 220 (2021)[1]
Rexións principais:
Canadá624 220[1]
Estados UnidosDescoñecido
Aspectos culturais
LinguaMichif, cree, francés, inglés, lingua de sinais dos indios das chairas, dialecto bungi e outras linguas indíxenas
RelixiónCristianismo maioritariamente (catolicismo e protestantismo)
Grupos
relacionados
Pobo cree

Os métis son un pobo indíxena mestizo cuxas terras históricas inclúen as Pradarías canadenses que se estenden por Ontario, a Columbia Británica, os Territorios do Noroeste e noroeste dos Estados Unidos de América.[2][3][4][5] Os métis comparten unha historia e cultura comúns, a cal deriva da mestura entre os europeos (principalemente franceses, escoceses e ingleses) e indíxenas (principalmente cree), que se distinguiu a través da etnoxénese a mediados do século XVIII,[6] durante os primeiros anos do comercio de peles en América do Norte.[7]

No Canadá, había 624.220 métis no ano 2021,[1] e son un dos tres grupos de pobos indíxenas legalmente recoñecidos pola Acta constitucional de 1982 do Canadá, xunto coas Primeiras Nacións e os inuit.[8]

Bandeira dos métis.

O Consello Nacional Métis (MNC) é a organización política que representa a Nación Métis a nivel nacional e internacional. En 2002, o Consello definiu como métis: "unha persoa que se identifica como métis, distinta doutros pobos indíxenas, de ascendencia histórica da nación métis e que é aceptada pola propia nación".[5]

Asentamentos métis en Alberta.

Alberta é a única provincia canadense cun territorio métis recoñecido: os oito asentamentos Métis, cunha poboación de aproximadamente 5.000 habitantes en 5.100 km2[9] e as novas terras métis preto de Fort McKay, compradas ao Goberno de Alberta en 2017.[10]

Etimoloxía do termo

[editar | editar a fonte]

A palabra métis é orixinalmente un termo francés para describir unha 'persoa de filiación mixta' e deriva da palabra latina mixticius, de mixtus, 'mesturado'.[11][12][13] É un termo afín ao mestizo.

  1. 1,0 1,1 1,2 Government of Canada, Statistics Canada (2022-09-21). "Indigenous identity by Registered or Treaty Indian status: Canada, provinces and territories, census metropolitan areas and census agglomerations with parts". www12.statcan.gc.ca. Consultado o 2022-09-21. 
  2. Kermoal, N.; Andersen, C. (2021). Daniels v. Canada: In and Beyond the Courts. University of Manitoba Press. p. 45. ISBN 978-0-88755-931-0. Consultado o Dec 3, 2022. Its historic homeland includes large parts of what are now known as the Prairie provinces, extending into parts of Ontario, British Columbia, the Northwest Territories and the northwest United States 
  3. "Métis Homeland". Rupertsland Institute. Consultado o 2021-07-24. Métis villages sprang up along the riverways from the Great Lakes to the Mackenzie Delta. The Rupert's Land territory included all or parts of present-day Northwest-Nunavut Territory, Ontario, Manitoba, Saskatchewan, Alberta and British Columbia, and became known to the Métis as the "Métis Homeland." 
  4. Andersen, C. (2014). Métis: Race, Recognition, and the Struggle for Indigenous Peoplehood. UBC Press – Rupertsland Centre for Métis Research in the Faculty of Native Studies at the University of Alberta. p. 108. ISBN 978-0-7748-2723-2. The MNC's narrative traces the geographical boundaries of what it terms the "Métis Homeland" to the historical waterways from northern Ontario to British Columbia and from the Northwest Territories to the northern United States. 
  5. 5,0 5,1 "Métis National Council". www.metisnation.ca (en inglés). Consultado o 2024-06-30. 
  6. Préfontaine, Darren R. "Métis History". Indigenous Saskatchewan Encyclopedia. University of Saskatchewan. Consultado o 18 de outubro de 2021. 
  7. Rea & Scott 2017
  8. "Aboriginal peoples in Canada: Key results from the 2016 Census". StatCan. 25 de outubro de 2017. 
  9. "Métis Relations". alberta.ca. Province of Alberta. Consultado o 26 de xullo de 2020. 
  10. "Small northern Alberta community gets bigger with historic land purchase | Globalnews.ca". Global News (en inglés). Consultado o 2023-11-01. 
  11. "Metis". Online Etymology Dictionary. Consultado o 18 de outubro de 2021. 
  12. Paul, Robert (1986). Le petit robert, vol. 1: dictionnaire alphabetique (1989 ed.). Les Dictionnaires Robert-Canada. p. 1228. ISBN 0-00-433514-7. Consultado o 19 de marzo de 2022. 
  13. O'Toole 2017, p. 32 : "Selon le Petit Robert, une vieille acception de « métis » ... ."

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]