Mário de Noronha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mário de Noronha
Nacemento15 de xaneiro de 1885
 Lapa
Falecemento9 de xullo de 1973
 São Sebastião da Pedreira
NacionalidadePortugal
Ocupaciónesgrimista
editar datos en Wikidata ]

Mário López da Vasa César Alves de Noronha, nado en Lisboa o 15 de xaneiro de 1885 e finado na mesma cidade o 9 de xullo de 1973, foi un tirador de esgrima portugués, gañador dunha medalla olímpica.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do militar e xornalista Eduardo de Noronha, foi un esgrimista de sona, varias veces campión portugués de espada, participou en varios Xogos Olímpicos, logrando nos Xogos Olímpicos de 1928 en Ámsterdan, xunto con Paulo d'Eça Leal, Jorge de Paiva, Frederico Paredes, João Sassetti e Henrique da Silveira, a medalla de bronce en espada por equipos.[1][2]. Despois da morte de seu pai en 1948 asumiu o título de viceconde de Santa Cruz, que como título nobiliario o goberno da república portuguesa non recoñece. Era oficial da Orde de Benemerencia[3], foi membro do Comité Olímpico Portugués e presidente da Federación Portuguesa de Esgrima e nesa cualidade foi procurador na IV lexislatura da Cámara Corporativa (1945-1949) [4].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Olympics Statistics: Mário de Noronha". Databaseolympics.com. Consultado o 28 de março de 2010. 
  2. "Mário de Noronha Olympic Results". Sports-reference.com. Consultado o 28 de março de 2010. 
  3. "Cidadãos Nacionais Agraciados com Ordens Portuguesas". Presidência da República Portuguesa. Consultado o 2013-03-01. 
  4. Perfil na web da Asemblea da República Portuguesa