Máquina de Rube Goldberg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Something for nothing (1940)
Máquina de Rube Goldberg desenvolvendo unha sixela tarefa de xeito complexo.

Unha máquina de Rube Goldberg é un aparello sofisticado que realiza unha tarefa moi sixela de xeito moi indirecto e elaborado. Apareceu por vez primeira no Webster's Third New International Dictionary, definida como: «levar a cabo algo, dun xeito redundante estremadamente complexo, que real ou aparentemente podería ser feito dun xeito sinxelo». A expresión, orixinario dos Estados Unidos, datouse arredor de 1930,[1] para describir as ilustracións de "absurdas máquinas conectadas" de Rube Goldberg.[2] Dende entón, o significado da expresión ampliouse para denotar calquera forma de sistema complicado de máis.

Notas[editar | editar a fonte]



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.