Saltar ao contido

Lyopsetta exilis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Lyopsetta exilis
Estado de conservación
LC [1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Acanthopterygii
Orde: Pleuronectiformes
Suborde: Pleuronectoidei
Familia: Pleuronectidae
Subfamilia: Lyopsettinae
Xénero: Lyopsetta
Jordan & Goss, 1885
Especie: L. exilis
Nome binomial
Lyopsetta exilis
(Jordan & Gilbert 1880)
Distribución de Lyopsetta exilis
Distribución de Lyopsetta exilis

Distribución de Lyopsetta exilis

Lyopsetta exilis é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos, familia dos pleuronéctidos e subfamilia dos liopsetinos, a única do xénero Lyopsetta.

Como todos os peixes da familia dos pleuronéctidos ten o corpo aplanado, asimétrico, e cos dous ollos situados no lado pigmentado do corpo.

Trfátase dun peixe mariño, demersal que habita nas costas do Pacífico leste, desde a desembocadura do río Alsek en Alasca, polo norte, até a illa Cedros, na Baixa California, México, a 425 km ao sur da cidade de Ensenada, polo sur.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito en 1885 polos naturalistas estadounidenses David Starr Jordan e David Kopp Goss.[2]

En canto á especie, describírona en 1880 o anteriormente citado Jordan e o ictiólogo, así mesmo estadounidense, Charles Henry Gilbert, baixo o nome de Hippoglossoides exilis.[3]

Sinónimo

[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome orixinario, e polo actualmente aceptado, a especie foi coñecida tamén polo sinónimo Eopsetta exilis (Jordan & Gilbert, 1880).[3]

Características

[editar | editar a fonte]

Pode alcanzar alé os 35 cm de lonxitude. A súa columna vertebral está formada por de 42 a 46 vértebras. A aleta dorsal está sustentada por de 72 a 78 raios, e a anal por de 57 a 65 raios. A aleta dorsal ten a súa orixe sobre a parte anterior do ollo superior. A aleta caudal é arredondada. As aletas peectorais son pequenas e estreitas.[4]

Bioloxía

[editar | editar a fonte]

É un peixe mariño, batidemersal, que vive a profundidades de entre os 25 e os 800 m,[5] nas proximidades de zonas rochosas.[6]

Distribución

[editar | editar a fonte]

Lyopsetta exilis distribúese pola costa leste do Pacífico, desde o suese de Alasca (desde a desembocadura do río Alsek) até o centro da Baixa California, polo que se encontra no Canadá, nos Estados Unidos (estados de Alasca, California, Oregón, e Washington) e en México.[1][4]

Nutrición

[editar | editar a fonte]

A dieta de Lyopsetta exilis inclúe diversos organismos zoobentónicos: crustáceos como krill, misidáceos, anfípodos e camaróns, así como vermes e algúns pequenos peixes.[7]

Lyopsetta exilis é capturado pola industria da pesca comercial, e está considerado como un bo peixe para a alimentación humana, aínda que se consome en cantidades significativas debido ao seu pequeno tamaño.[1][7]

Estado de conservación

[editar | editar a fonte]

A poboación de Lyopsetta exilis considérase relativamente abundante, e estábel, en toda a súa área de distribución.[8]

Desde o ano 2010 a situación da especie está avaliada pola UICN como LC (pouco preocupante) debido á súa ampla área de distribución e á súa abundancia. E aínda que está sometida ás capturas por parte da industria pesqueira comercial, isto non se considera como unha grande ameaza para a conservación desta especie na actualidade. Porén, a comprobación continua dos seus niveis de poboación é necesaria para garantir que, no futuro, non sexa necesario incluíla nunha categoría de ameaza.[1]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 De Silva, R.; Milligan, H.; Lutz, M.; Batchelor, A.; Jopling, B.; Kemp, K.; Lewis, S.; Lintott, P.; Sears, J.; Wilson, P.; Smith, J. & Livingston, F. (2000):Lyopsetta exilis na Lista vermella de especies ameazadas da UICN. Versión 2015.2.
  2. Lyopsetta Jordan & Goss, 1885 no WoRMS.
  3. 3,0 3,1 Lyopsetta exilis (Jordan & Gilbert, 1880) no WoRMS.
  4. 4,0 4,1 Lyopsetta exilis (Jordan & Gilbert, 1880) en FishBase.
  5. Allen, M. J. & G. B. Smith (1988): Atlas and zoogeography of common fishes in the Bering Sea and northeastern Pacific. NOAA Tech. Rep. NMFS 66.
  6. Clemens, W. A. & G. V. Wilby (1961): Fishes of the Pacific coast of Canada. 2nd ed. Fish. Res. Bd. Canada Bull. 68: 443.
  7. 7,0 7,1 Sempier, Stephen (2003): Slender Sole (Eopsetta exilis), tamén coñecido como Lyopsetta exilis en Marine Species With Aquaculture Potential. Hatfield Marine Science Center.
  8. Doyle, M. J.; Mier, K. L.; Busby, M. S. & Brodeur, R. D. (2002): "Regional variation in springtime ichthyoplankton assemblages in the northeast Pacific Ocean". Progress in Oceanography '53: 247-281.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2.
  • Eschmeyer, William N., ed. (1998): Catalog of Fishes. Special Publication of the Center for Biodiversity Research and Information, núm. 1, vol. 1-3. San Francisco (California, Estados Unidos): California Academy of Sciences. ISBN 0-940228-47-5.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]