L. Sprague de Camp

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Lyon Sprague de Camp»)
L. Sprague de Camp
Nome completoLyon Sprague de Camp
AlcumeJ. Wellington Wells, Lymen R. Lyon e J. Wellington
Nacemento27 de novembro de 1907
 Nova York
Falecemento6 de novembro de 2000
 Plano
SoterradoCemiterio Nacional de Arlington
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterInstituto Tecnolóxico de California e Stevens Institute of Technology
Ocupaciónescritor, oficial, novelista, historiador, ensaísta, crítico literario, escritor de ciencia ficción e xornalista
NaiEmma Beatrice de Camp
PremiosDamon Knight Memorial Grand Master Award, World Fantasy Award for Life Achievement, Premio Hugo á mellor obra de non ficción, Pilgrim Award, Fellow of the Committee for Skeptical Inquiry, Athenaeum Literary Award e International Fantasy Award
Na rede
http://www.lspraguedecamp.com/
IMDB: nm0207712 Musicbrainz: 5e4973c8-c86a-4df7-b87b-b3756b954c6c Discogs: 2824410 WikiTree: De_Camp-210 Find a Grave: 8768591 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Lyon Sprague de Camp, nado en Nova York o 27 de novembro de 1907, e finado en Plano, Texas o 6 de novembro de 2000, foi un escritor estadounidense de ciencia ficción, terror e fantasía. É coñecido sobre todo polas súas historias sobre o personaxe de Conan o Bárbaro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Robert A. Heinlein, L. Sprague de Camp e Isaac Asimov, nunha base da Armada dos Estados Unidos, 1944.

Formado como enxeñeiro aeronáutico, De Camp graduouse como Bachelor of Science en Enxeñaría aeronáutica no Instituto de Tecnoloxía de California en 1930 e obtivo un título de mestrado de ciencias en Enxeñaría do Instituto Stevens de Tecnoloxía en 1933.

Casou con Catherine Crook en 1940, con quen colaborou en numerosas obras de ficción e non ficción, comezando nos anos 1960.

Durante a segunda guerra mundial, de Camp traballou no centro naval de Filadelfia con autores como Isaac Asimov e Robert A. Heinlein. Alcanzou o grao de Tenente comandante na reserva naval.

Era membro dun club literario exclusivamente masculino, o Trap Door Spiders, que serviu de base para o grupo de ficción de Isaac Asimov que resolvía misterios: os Black Widowers. O propio De Camp foi o modelo para a personaxe de Geoffrey Avalon.

Foi tamén membro do Swordsmen and Sorcerers' Guild of America (SAGA), un grupo de autores de fantasía heroica fundada nos anos 1960, algúns de cuxos traballos se reuniron na antoloxía de Lin Carter titulada Flashing Swords!.

L. Sprague de Camp e Catherine Crook de Camp.

Os de Camp trasladáronse a Plano, Texas en 1999, onde De Camp morreu sete meses despois da morte da que fora a súa esposa durante 60 anos, Catherine Crook de Camp. Morreu no que sería o aniversario dela, a só tres semanas do seu propio 93.º aniversario. Foi incinerado e as súas cinzas reunidas nunha urna xunto ás da súa esposa no cemiterio de Arlington.

A biblioteca persoal de De Camp, duns 1.200 libros, foi adquirida mediante poxa por Half Price Books en 2005. A colección incluía libros de escritores como Isaac Asimov e Carl Sagan, así como do propio de Camp.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]