Lygia Fagundes Telles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lygia Fagundes Telles
Nome completoLygia de Azevedo Fagundes
Nacemento19 de abril de 1923
Lugar de nacementoConsolação e São Paulo
Falecemento3 de abril de 2022
Lugar de falecementoSão Paulo
NacionalidadeBrasil
Alma máterFaculdade de Direito da Universidade de São Paulo
Ocupaciónescritora, escritora de contos, novelista e avogada
CónxuxeGofredo da Silva Teles Júnior
Coñecida porSeminário dos Ratos, As Meninas e Antes do Baile Verde
PremiosPremio Camões, Premio Jabuti de Literatura, Orde do Mérito Cultural, Comendador da Ordem do Infante Dom Henrique e Doctor honoris causa pela Universidade de Brasília
Na rede
IMDB: nm0854459 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Lygia Fagundes da Silva Telles, nada como Lygia de Azevedo Fagundes en São Paulo, 19 de abril de 1923,[1] e finada na mesma cidade o 3 de abril de 2022, foi unha escritora brasileira coñecida como "a dama da literatura brasileira" e considerada por académicos, críticos e lectores unha das máis importantes e notábeis escritoras brasileiras do século XX e da historia da literatura brasileira.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Alén de avogada, novelista e contista, Lygia ten gran representación no posmodernismo, e as súas obras retratan temas clásicos e universais como a morte, o amor, o medo e a loucura, alén da fantasía.

Filla do advogado Durval de Azevedo Fagundes e da pianista Maria do Rosário Jardim de Moura rexistra as primeiras historias en cadernos escolares.[3] Nacida na cidade de São Paulo, creceu en Sertãozinho e outras pequenas cidades do interior paulista,[4] e desde pequena demostrou interese polas letras. Aos oitos anos, mudouse para o Río de Xaneiro, permanecendo alí por cinco anos. De volta a São Paulo, matriculouse no Instituto de Educación Caetano de Campos e pasou a interesarse pola literatura. A súa estrea literaria foi co libro de contos Porão e Sobrado (1938), o cal foi ben recibido pola crítica, foi unha edición financiada polo seu pai, 12 contos. O éxito repetiuse con Praia Viva (1944). Tras concluír o curso de Dereito na Facultade de Dereito da Praza de San Francisco, en 1946, onde coñecera Mário e Oswald de Andrade, Paulo Emílio Sales Gomes, entre outros, integrou a academia de letras da facultade e colaborou cos xornais Arcádia e A Balança. Sendo estudante do pre-xurídico cursou a Escola Superior de Educação Física da mesma universidade.[5] O ano seguinte, casou con Gofredo Teles Júnior, con quen tivo Goffredo da Silva Telles Neto, casando novamente en 1962 con Paulo Emílio Salles Gomes. O terceiro libro de contos dela, O Cacto Vermelho, lanzado en 1949, recibiu o Premio Afonso Arinos, da Academia Brasileira de Letras. A súa primeira novela, Ciranda de Pedra, publicada en 1954, foi ben recibida pola crítica e público, tornándoa nacionalmente coñecida. En paralelo á carreira literaria, traballou como Procuradora do Instituto de Previdência do Estado de São Paulo, cargo que exerceu até a xubilación, e foi presidente da Cinemateca Brasileira, fundada polo marido Paulo Emílio.

A década de 1970 foi de suma importancia para Lygia e marcou o seu éxito literario e consagración internacional, dado que foi naquel período en que publicou algunhas das súas obras máis aclamadas e prestixiosas: Antes do Baile Verde (1970), cuxo conto que dá título ao libro venceu no gran Premio no Concurso Internacional de Escritoras, na Francia; As Meninas (1973), que gañou o Premio Jabuti, da Cámara Brasileira do Libro, o Premio Coelho Neto da Academia Brasileira de Letras e "Ficção" da Asociación Paulista de Críticos de Arte; e Seminário dos Ratos (1977), polo cal gañou o Pen Club do Brasil. Ingresou na Academia Paulista de Letras en 1982, e, en 1985, ocupou a cadeira número dezaseis da Academia Brasileira de Letras, tomando posesión en 12 de maio de 1987. Aquel mesmo ano, tornouse membro da Academia das Ciencias de Lisboa. De entre os seus outros éxitos están: Verão no Aquário (1964), Mistérios (1981), As Horas Nuas (1989) e Invenção e Memória (2000). A escritora viu os seus libros traducidos para o alemán, español, francés, inglés, italiano, polaco, sueco, checo, alén de moitas edicións en Portugal. Encóntrase colaboración da súa autoría na revista luso-brasileira Atlántico.

Na 17.ª edición do Premio Camões, maior honra concedida a escritores de países co portugués como a lingua oficial, ocorrida en 2005, Lygia foi anunciada a vencedora. Gañadora de todos os premios literarios importantes do Brasil, homenaxeada nacional e internacionalmente, tornouse, en 2016, aos 92 anos, a primeira muller brasileira en ser indicada ao premio Nobel de Literatura.

Lygia en 1945.
Lygia na inauguración da Fachada do Edificio da Academia Paulista de Letras ocorrida o día 19 de outubro de 2017.

Obra[editar | editar a fonte]

Estilo de escrita e influencias[editar | editar a fonte]

Os contos fantásticos de Lygia reflicte on estilo do escritor estadounidense Edgar Allan Poe.

Coa súa amiga Clarice Lispector, a obra de Lygia estabeleceu un interesante diálogo, pois ambas explotaron, de maneira inédita até entón, o universo feminino so unha perspectiva moderna, rompendo co moralismo social que deixaba a muller sempre á marxe da figura masculina. Trazou as súas personaxes a través das técnicas do fluxo de consciencia e do monólogo interior, alzándoas ao posto de protagonista das súas historias.[6] Alén de abordar intensamente a temática feminina, Lygia abriu espazo na súa obra para temas como a vida nas grandes cidades, así como os problemas sociais e outros temas polémicos, como drogas, adulterio e o amor. En xeral, as súas personaxes son seres inquedos e vulnerábeis, instrumentos de reflexión psicolóxica, que se moven en aparente espontaneidade, como representación irónica da sociedade. Lygia fixo a fusión do fantástico á realidade do espazo urbano, incorporando nos seus contos moitos elementos modernos, como os contos A caçada, Venha ver o pôr do sol e As formigas[7][8].

Cronoloxicamente, a escritora posiciónase na xeración modernista de 1945, ao lado de Guimarães Rosa, Lispector, Rubem Braga e Dalton Trevisan; por tanto, obsérvase influencia do fluxo de consciencia e da epifanía, recursos utilizados por eses escritores. Mentres as súas novelas gañaron aires de literatura realista, os contos da autora reflictem o estilo de Edgar Allan Poe, escritor estadounidense de tendencia romántica e fantástica. Nalgunhas das súas historias fundiu a realidade do espazo urbano ao fantástico, superando a fronteira do real ao asumir unha tendencia principalmente surrealista.

De entre os autores brasileiros, a escritora dise influenciada por Machado de Assis especialmente pola súa "ambigüidade, o texto enxuto, a análise social e a ironía fina". En 1967, realizou a adaptación cinematográfica da novela Don Casmurro con Paulo Emílio Sales Gomes, titulado Capitu, con dirección de Paulo Cesar Saraceni.[9]

A sinestesia é unha das principais figuras de linguaxe utilizadas nos contos de Lygia: a cor verde é constantemente citada como referencia á pasaxe da vida á morte; ás veces, alude á esperanza, á envexa e ao diñeiro.[10] As variacións lingüísticas son tamén usufrutuadas como representación das personaxes retratadas de acordo con seu nivel social e coa situación da comunicación. Outros dous trazos marcantes na literatura de Lygia son a ambigüidade e a ironía, presentes en Ciranda de Pedra (1954), Antes do Baile Verde (1970) e As Meninas (1973), nas cales a escritora estabelece conflitos internos do home vivindo en sociedade.

Está considerada como a grande representante do movemento posmodernismo brasileiro.[11]

Temática[editar | editar a fonte]

Vivindo a realidade dunha escritora do terceiro mundo, Lygia considera súa obra de natureza comprometida coa difícil condición do ser humano nun país de tan fráxil educación e saúde, e procura presentar nos seus textos a realidade envolta na sedución do imaxinario e da fantasía.[12][13] Especialmente nas súas novelas, as personaxes principais tenden a ser mulleres, dotadas dun psicologismo intenso e de comportamentos moi marcantes, como Virgínia, de Ciranda de Pedra, Raíza, de Verão no Aquário e Lorana, Lía e Ana Clara, de As Meninas. Esa recorrencia podería ser interpretada como un evidente compromiso feminista.[14] O choque do descoñecido no cotián aparece en varios textos da escritora, o cal provoca un sentimento de dúbida, medo e ambigüidade. Entre os contos que lidan co sobrenatural están As Formigas, Natal na Barca, e Noturno Amarelo.

Crítica literaria[editar | editar a fonte]

A obra lygiana xa foi eloxiada por renomeados escritores da literatura nacional e internacional, os cales se renderon á súa elegante escrita. Clarice Lispector, Carlos Drummond de Andrade, Caio Fernando Abreu, José J. Veiga, José Saramago, entre outros, xa expuxeron opinións importantes e formaron parte do público de admiradores da obra da escritora. Segundo o crítico José Castello, ela "é unha escritora que se dedica aos temas universais: a loucura, o amor, a paixón, o medo, a morte".[15]

Para João Ubaldo Ribeiro, "é a grande dama da literatura brasileira". Milton Hatoum destaca a magnitude e a perennidade dos contos de Antes do Baile Verde e Seminário dos Ratos, libros publicados nos anos 1970. Xa Ignácio de Loyola Brandão garante non "existir, na literatura brasileira, unha persoa máis adorável". Moitos libros volvéronse clásicos, como a novela As Meninas (1973), "libro até hoxe moi lido nas escolas, pois reflicte o impase de mozos que viviron nunha época escura", observa Hatoum. "O destino das personaxes é, dalgún modo, o destino dunha xeración movida por soños de liberdade sexual e política, ou por un desexo de ascenso social. É unha novela que opera co equilibrio entre o psicolóxico, o social e o político. Sen dúbida, un dos mellores libros da autora."[16]

Premios[editar | editar a fonte]

Ao longo da súa carreira, Lygia recibiu importantes premios literarios nacionais e internacionais, como o Premio Camões o máis importante da literatura en portugués, na cidade do Porto, no norte de Portugal, país que dixo amar profundamente e onde afirma posuír antigas raíces familiares. O acto solemne contou coa presenza dos entón presidentes do Brasil e Portugal, Luiz Inácio Lula da Silva e Jorge Sampaio, respectivamente, onde Lula agradeceu a contribución da escritora á cultura brasileira e á lingua portuguesa a través dunha linguaxe que definiu como "iluminada".

En 2016, máis de 30 anos despois da última indicación brasileira, a escritora tornouse a primeira muller brasileira en ser indicada ao premio Nobel de Literatura.

Premios literarios[5][editar | editar a fonte]

  • Prêmio do Instituto Nacional do Livro, por Histórias do Desencontro (1958)
  • Prêmio Jabuti, por Verão no Aquário (1965)
  • Gran Premio Internacional Feminino para Contos estranxeiros, Francia (1969) por Antes do Baile Verde
  • Premio Candango, concedido ao mellor guión cinematográfico, por Capitu compartido con Paulo Emílio Sales Gomes (1969)
  • Premio Guimarães Rosa (1972)
  • Premio Coelho Neto, da Academia Brasileira de Letras; Jabuti e APCA – Associação Paulista dos Críticos de Arte, pelo romance As Meninas (1974)
  • PEN Clube do Brasil, pelo livro de contos Seminário dos Ratos (1977)
  • Prêmio Jabuti e APCA, por A Disciplina do Amor (1980)
  • II Bienal Nestlé de Literatura Brasileira (1984)
  • Prêmio Pedro Nava, (Melhor Livro do Ano), por As Horas Nuas (1989)
  • Prêmio Jabuti; Prêmio Arthur Azevedo, da Biblioteca Nacional e APLUB de Literatura, por A Noite Escura e Mais Eu (1995)
  • Condecorada coa Orde das Artes e das Letras polo goberno francés (1998)
  • Prêmio Jabuti; APCA; Concurso paralelo “Livro do Ano” e o "Golfinho de Ouro”, por Invenção e Memória (2001)
  • Prêmio Camões, pelo conjunto da obra, Portugal – Brasil (2005)
  • Prêmio APCA, por Conspiração de Nuvens (2007)
  • Prêmio Mulheres mais Influentes - Gazeta Mercantil (2007)
  • Prêmio Dra. Maria Imaculada Xavier da Silveira, 2008 - OAB
  • Prêmio Juca Pato 2009  (Intelectual do Ano) - União Brasileira de Escritores
  • Prêmio Conrado Wessel de Literatura 2015

Condecoracións[editar | editar a fonte]

  • Medalha Mário de Andrade – Goberno do Estado de São Paulo
  • Medalha Mérito Cívico e Cultural – da Sociedade Brasileira de Heráldica de São Paulo
  • Medalha do Grande Prêmio Literário de Cannes, categoría contos (1969)
  • Medalha do Prêmio Imperatriz Leopoldina, do Instituto Histórico e Geográfico de São Paulo (1969)
  • Ordem do Rio Branco, Comendador (1985)
  • Título Personalidade Literária do Ano de 1987, conferido pola Câmara Brasileira do Livro
  • Medalha Ordre des Arts et des Lettres, Chevalier (1998)
  • Ordem al Mérito Docente y Cultural Gabriela Mistral, Grande Oficial (Chile).
  • 2001, Doutora Honoris Causa pola Universidade de Brasilia (UnB).
Lygia durante unha homenaxe na quinta edición da Balada Literaria realizada na Libraría da Vila o 18 de novembro de 2010.
Lygia (á dereita) ao lado da exministra da Cultura Ana de Hollanda na cerimonia de reabertura da Biblioteca Municipal de São Paulo ocorrida o 26 de xaneiro de 2011.

Listaxe de obras[editar | editar a fonte]

A obra lygiana conta con catro novelas, 20 libros de contos, algunhas crónicas, participacións en antoloxías e colectáneas.[17] Con publicacións de éxito no exterior, tivo os seus libros lanzados en diversos países: Portugal, Francia, Estados Unidos, Alemaña, Italia, Holanda, Suecia, España e República Checa, entre outros, con obras adaptadas para a televisión, teatro e cinema. Nunha publicación, o Huffpost Brasil citou os libros As Meninas, Ciranda de Pedra, Verão no Aquário, Antes do Baile Verde e A Disciplina do Amo como as obras que mostran que Lygia é unha icona literaria.

Novelas[editar | editar a fonte]

  • Ciranda de Pedra, 1954.
  • Verão no Aquário, 1964.
  • As Meninas, 1973, Prêmio Jabuti.
  • As Horas Nuas, 1989.

Contos[editar | editar a fonte]

  • Porão e sobrado, 1938
  • Praia viva, 1944
  • O cacto vermelho, 1949
  • Histórias do desencontro, 1958
  • Histórias escolhidas, 1964.
  • O Jardim Selvagem, 1965
  • Antes do Baile Verde, 1970
  • Seminário dos Ratos, 1977.
  • Filhos pródigos, 1978, reeditado como A Estrutura da Bolha de Sabão, 1991.
  • A Disciplina do Amor, 1980.
  • Mistérios, 1981.
  • Venha ver o pôr-do-sol e outros contos, 1991.
  • A noite escura e mais eu, 1995.
  • Oito contos de amor, 1996
  • Invenção e Memória, 2000, Prêmio Jabuti
  • Durante aquele estranho chá: perdidos e achados, 2002
  • Biruta, 2004
  • Histórias de Mistérios, 2004
  • Conspiração de Nuvens, 2007
  • Passaporte para a China: Crônicas de Viagem, 2011
  • O Segredo e Outras Histórias de Descoberta, 2012
  • Um Coração Ardente, 2012

Antoloxías[editar | editar a fonte]

  • Seleta, 1971, organización, estudos e notas de Nelly Novaes Coelho.
  • Lygia Fagundes Telles, 1980, organización de Leonardo Monteiro.
  • Os melhores contos de Lygia F. Telles, 1984, selección de Eduardo Portella.
  • Venha ver o pôr-do-sol, 1988, selección dos editores, Ática.
  • A confissão de Leontina e fragmentos, 1996, selección de Maura Sardinha.
  • Oito contos de amor, 1997, selección de Pedro Paulo de Sena Madureira.
  • Pomba enamorada, 1999, selección de Léa Masima.

Participacións en antoloxías[editar | editar a fonte]

  • Gaby, 1964, novela, en Os sete pecados capitais, Civilização Brasileira.
  • "Trilogia da confissão", 1968, Verde lagarto amarelo, Apenas um saxofone & Helga, en Os 18 melhores contos do Brasil, Bloch Editores.
  • Missa do galo, 1977, en Missa do galo, Summus.
  • O muro, 1978, en Lições de casa, Cultura.
  • As formigas, 1978, en O conto da mulher brasileira, Vertente.
  • Pomba enamorada, 1979, en O papel do amor, Cultura.
  • Negra jogada amarela, 1979, conto, en Criança brinca, não brinca?, Cultura.
  • As cerejas, 1993, en As cerejas, Atual.
  • A caçada, 1994, en Contos brasileiros contemporâneos, Moderna.
  • A estrutura da bolha de sabão & As cerejas, en O conto brasileiro contemporâneo, Cultrix.

Crónicas publicadas na prensa[editar | editar a fonte]

  • Não vou ceder. Até quando?. O Estado de São Paulo, 6 de xaneiro de 1992
  • Pindura com um anjo. Jornal da Tarde, 11 de agosto de 1996

Traducións e adaptacións[editar | editar a fonte]

Ao alemán
  • Filhos pródigos, 1983.
  • As horas nuas, 1994.
  • Missa do galo, 1994.
Ao checo
  • Antes do baile verde, s.d.
Aol chinés
  • Ciranda de pedra, 1990.
Ao español
  • As meninas, 1973.
  • As horas nuas, 1991.
  • Ciranda de pedra, 1990.
Ao francés
  • Filhos pródigos, 1986.
  • Antes do baile verde, 1989.
  • As horas nuas, 1996.
  • W. M., 1999.
Ao inglés
  • As meninas, 1982.
  • Seminário dos ratos, 1986.
  • Ciranda de pedra, 1986.
Ao italiano
  • As pérolas, 1961.
  • As horas nuas, 1993.
Ao polaco
  • A chave, 1977.
  • Ciranda de pedra, 1990.
Ao ruso
  • Antes do baile verde, s.d.
Ao sueco
  • As horas nuas, 1991.
Edicións en Portugal
  • Antes do baile verde, 1971.
  • A disciplina do amor, 1980.
  • A noite escura e mais eu, 1996.
  • As meninas, s.d.
Adaptacións ao cine
  • Capitu, en colaboración con Paulo Emílio Salles Gomes, 1993.
  • As meninas, 1996.
Adaptación ao teatro
  • As meninas, 1988 e 1998.
Adaptacións á televisión
  • O jardim selvagem, 1978, Caso especial, TV Globo.
  • Ciranda de pedra, 1981, Novela, TV Globo.
  • Era uma vez Valdete, 1993, Retratos de mulher, TV Globo.

Frases de Lygia Fagundes Telles[11][editar | editar a fonte]

  • Xa que é preciso aceptar a vida, que sexa entón con coraxe.
  • Non pida coherencia ao misterio nin pida lóxica ao absurdo.
  • Se é difícil cargar coa soidade, máis difícil aínda é cargar cunha compañía.
  • A distancia máis curta entre dous puntos pode ser a liña recta, mais é nos camiños curvos onde se encontran as mellores cousas da vida.
  • O meniño entón sorrí e nin o inimigo máis feroz resistirá a ese sorriso de quen se ofrece tan sen defensa.
  • A beleza non está nin na luz da mañá nin na sombra da noite, está no crepúsculo, nese medio ton, nesa incerteza.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Lygia Fagundes Telles - Biografia da escritora". InfoEscola (en portugués). Consultado o 2020-04-13. 
  2. ANTOLOGIA: MEUS CONTOS PREFERIDOS - Lygia Fagundes Telles - Livro (en portugués). 
  3. "Lygia Fagundes Telles. Wook". www.wook.pt (en portugués). Consultado o 2020-04-13. 
  4. Cultural, Instituto Itaú. "Lygia Fagundes Telles". Enciclopédia Itaú Cultural (en portugués). Consultado o 2020-04-13. 
  5. 5,0 5,1 "Lygia Fagundes Telles". Academia Brasileira de Letras (en portugués). Consultado o 2020-04-13. 
  6. "Lygia Fagundes Telles". Mundo Educação (en portugués). Consultado o 2020-04-12. 
  7. "Lygia Fagundes Telles: Características e Estilos em Ciranda de Pedra". Recanto das Letras (en portugués). Consultado o 2020-04-12. 
  8. "Lygia Fagundes Telles se prepara para escrever um novo romance". VEJA SÃO PAULO (en portugués). Consultado o 2020-04-12. 
  9. "Dossiê: O Tempo de Lygia" – Revista Entre Livros. edição 20. Pgs. 21-26. Editora Duetto. São Paulo (2007)]
  10. "Lygia Fagundes Telles". web.archive.org. 2017-12-07. Archived from the original on 07 de decembro de 2017. Consultado o 2020-04-12. 
  11. 11,0 11,1 "Biografia de Lygia Fagundes Telles". eBiografia (en portugués). Consultado o 2020-04-13. 
  12. "Lygia Fagundes Telles. Academia Brasileira de Letras". web.archive.org (en portugués). 2016-08-19. Archived from the original on 19 de agosto de 2016. Consultado o 2020-04-12. 
  13. "Lygia Fagundes Telles - Enciclopédia Itaú Cultural". web.archive.org. 2016-12-23. Archived from the original on 23 de decembro de 2016. Consultado o 2020-04-12. 
  14. "O vasto universo ficcional de Lygia Fagundes Telles". Jornal Opção (en portugués). 2016-04-02. Consultado o 2020-04-12. 
  15. "Lygia Fagundes Telles, testemunha literária - Cultura". Estadão (en portugués). Consultado o 2020-04-12. 
  16. "Lygia Fagundes Telles, testemunha literária - Cultura - Estadão". Estadão. 
  17. "As 10 principais obras da indicada ao Nobel Lygia Fagundes Telles". VIX (en portugués). Consultado o 2020-04-12.