Lyce Jankowski

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLyce Jankowski
Biografía
Nacemento1982
Datos persoais
País de nacionalidade Francesa.
EducaciónUniversidade da Sorbona
Director de teseOsmund Bopearachchi Editar o valor em Wikidata
Coñecido por- Estudos de numismática do Leste asiático.
- Estudos de cultura material chinesa.
Actividade
Campo de traballoNumismática e historia da arte
Ocupaciónnumismático , historiador da arte Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Oxford Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Premios
- 2014: Premio da Sociedade Real de Numismática de Bélxica.
- 2018: Premio da Académie des Inscriptions et Belles-Lettres.

LinkedIn: lyce-jankowski Editar o valor em Wikidata


Lyce Jankowski, nada en 1982, é unha numismática especializada na moeda do Leste asiático e unha historiadora da arte centrada na cultura material chinesa.[1][2][3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Jankowski gradouose en Estudos Clásicos na Universidade París-Sorbona (París-IV), en Lingua Chinesa no Instituto Nacional de Linguas Orientais de París e en Antigüidade na Escola Normal Superior. Ademais graduouse tamén en Historia da Arte na Sorbona, universidade na que postriormente cursou un mestrado nesta materia e na que acadou o grao de doutora en 2012, cunha tese dirixida por Osmund Bopearachchi na que explora as redes sociais de coleccionistas de moedas na China do século XIX.[2][3][4]

Os seus estudos acerca dos contactos establecidos entre o Imperio Romano e a China da dinastía Han suscitaron interese no ámbito numismático. Lyce formouse en numismática no seminario E. Newman da American Numismatic Society; en numismática chinesa da man do numismático francés François Thierry, conservador da colección de moeda asiática do Gabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia; en numismática da Antiga Grecia e da Antiga Roma en París con Olivier Picard e Michel Amandry; e en numismática da Asia Central con Osmund Bopearachchi.[3]

Entre 2014 e 2017 foi investigadora no Worcester College, da Universidade de Oxford, encadrada nas coleccións de Extremo Oriente da sala Heberden, no museo Ashmolean. En Oxford foi posteriormente profesora asociada no departamento de Linguas e Civilizacións da Asia Oriental.[3]

Desde 2019 ocupa o posto de conservadora de arte non europea no Museo Real de Mariemont, en Bélxica.[2][5]

Lyce Jankowski é membro da Asociación Europea para a Arte Asiática e a Arqueoloxía, da Asociación Europea de Estudos Chineses, da Asociación Francesa de Estudos Chineses e da Sociedade Francesa de Numismática.[2]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Escolma de publicacións[editar | editar a fonte]

Monografía[editar | editar a fonte]

Artigos[editar | editar a fonte]

  • (2011): "L'âge d'or de la num ismatique en Chine : l'exemple du Catalogue des Monnaies Anciennes de Li Zuoxian". En Holmes, N (ed.). Proceedings of the XIVth international Numismatic Congress Glasgow 2009, vol. II. Glasgow. Guttemberg Press. Páxinas 1826-1831.
  • (2014): "Short Introduction to Chinese Numismatics - A Bibliographical Approach", Historia Mundi. 4. Páxinas 108-119.
  • (2016): "Assessing countermarks on a corroded silver dachao tongbao" (con Ward, S.). En Journal of the Oriental Numismatic Society. 227. Páxinas 25-27.
  • (2016): "Amulets and propitious coins in China", Historia Mundi. 5. Páxinas 150-163.
  • (2017): "Studying coin related objects and redefining paranumismatics". En Proceedings of the XVth international Numismatic Congress Taormina 2015. Catania. Universidade de Catania.
  • (2017): "Niujin daxue yishu yu kaogu bowuguan zhongguo qianbi tezhan" (con Cao, Qin). En China Numismatics. 4. Páxina 80.
  • (2018): "Wholesale collectibles:an example from “Kuhn & Komor, curio dealers in the East”, Beijing 2018.
  • (2018): "History of the Chinese collection at the American Numismatic Society". En American Journal of Numismatics. 30. Páxinas 251-292.
  • (2018): "Le faussaire et le numismate: Li Baotai et Bao Kang". En Études chinoises. Vol. 37. Nº 2. ISSN 0755-585
  • (2018): "Mission archéologique franco-chinoise dans le Nord-Estde la Chine: découvertes monétaires en contexte funéraire sur le site de Pianliancheng". En Bulletin dela Société française de numismatique. 73-08. Páxinas 387-392.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Jankowski, Lyce". En Coins Weekly. 11 de outubro de 2017.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 "Curriculum Vitae: Dr Lyce Jankowski". Academia.edu
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Lyce Jankowski Arquivado 01 de xuño de 2020 en Wayback Machine.". Centre de recherche sur les civilisations de l’Asie orientale.
  4. Jankowski, L. (2012). Les cercles de collectionneurs et de numismates dans la région de Pékin durant la première moitié du XIXème siècle : échange des monnaies anciennes, partage des idées et renouveau des études numismatiques. Tese de doutoramento.
  5. "L'équipe du musée". Musée Royal de Mariemont.
  6. "Lauréats 2018: Mme. Lyce Jankowski Arquivado 09 de decembro de 2019 en Wayback Machine.". Académie des Inscriptions et Belles-Letres.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]