Lura de Humboldt
| Lura de Humboldt | |||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
|
Sinonimia
| |||||||||||||||||||
|
Conservación
| |||||||||||||||||||
| Clasificación taxonómica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| Wikidata G:Commons | |||||||||||||||||||
A lura de Humboldt, pota ou potón do Pacífico (Dosidicus gigas) é un molusco cefalópodo de gran tamaño e abundante nas costas peruanas e mexicanas. Nestes países practícase a pesca industrial deste recurso e actualmente gañou importancia grazas a unha forte demanda internacional.[1]
É un invertebrado de crecemento rápido cun sistema nervioso complexo e un sistema visual ben desenvolvido. O corpo da lura ten dúas rexións. A cabeza, que está unida aos brazos (feito do cal deriva o termo cefalópodo) e o manto, que ten unha forma cilíndrica e o cal envolve os órganos internos.
É un organismo peláxico que se distribúe no océano Pacífico oriental dende a fronteira de México e os Estados Unidos até Chile. En México, a lura de Humboldt representa o 95 % do total das especies de lura.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Dosidicus gigas". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2014. Descargado o 10 de marzo de 2018.
Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
