Luismi Areda
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 1974 Vigo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Período de actividade | 2005 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Luis Miguel "Luismi" Areda Figueiredo, nado o 4 de novembro de 1974 en Vigo, é un exfutbolista e adestrador galego que xogaba na posición de defensa central. Na tempada 2025/26 traballa como adestrador auxiliar do Celta Fortuna da Primeira Federación.
Traxectoria como xogador
[editar | editar a fonte]Luismi formouse nas categorías inferiores do Sárdoma Club de Fútbol. Como xogador sénior formou parte do Gran Peña da Terceira División e do Pontevedra Club de Fútbol da Segunda División B. En 2003 fichou polo Real Oviedo e contribuíu a lograr o ascenso a Segunda B na tempada 2004/2005. En 2005 asinou contrato co Granada Club de Fútbol.[1] Ese mesmo ano comezou a xogar no CCD Cerceda.[2] Finalmente foi xogador do Vilalonga Club de Fútbol, equipo no que se retirou na tempada 2008/2009.[3]
Traxectoria como adestrador
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Luismi comezou a súa traxectoria como adestrador no Club Deportivo Areosa. En 2013 foi contratado para dirixir o Gran Peña, ao mesmo tempo que adestraba o conxunto cadete do Celta de Vigo.[4] Na tempada 2014/15 foi o adestrador do Mondariz Fútbol Club da Preferente Autonómica de Galicia. No verán de 2016 asinou un novo contrato para dirixir a Unión Deportiva Atios.[5]
Pontevedra
[editar | editar a fonte]Na tempada 2017/18 pasou a formar parte do corpo técnico do Pontevedra Club de Fútbol e foi asignado inicialmente ao conxunto xuvenil. En decembro de 2017, tras a destitución de Luisito, Luismi foi promovido provisionalmente como adestrador do primeiro equipo.[6] En maio de 2019 renovou contrato co club pontevedrés para continuar a dirixir o cadro principal.[7] A súa destitución tivo lugar o 21 de outubro de 2019.[8]
En xullo de 2021 regresou ao equipo técnico pontevedrés como adestrador do Pontevedra Club de Fútbol B.[9]
Celta de Vigo
[editar | editar a fonte]No verán de 2022 anunciouse a saída de Luismi do Pontevedra para incorporarse no corpo técnico da base do Celta de Vigo.[10] Posteriormente foi nomeado segundo adestrador do Celta Fortuna xunto a Fredi Álvarez, cargo que renovou para a tempada 2025/26.[11]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ficha del jugador - Luismi". granadacf.info (en castelán). Consultado o 12 de abril de 2026.
- ↑ "El central vigués Luismi es el último refuerzo para el Cerceda" (en castelán). La Voz de Galicia. Consultado o 12 de abril de 2026.
- ↑ "Luismi, Luis Miguel Areda Figueirido". bdfutbol.com (en castelán). Consultado o 12 de abril de 2026.
- ↑ "Luismi, nuevo entrenador del Gran Peña" (en castelán). Faro de Vigo. 13 de marzo de 2013. Consultado o 12 de abril de 2026.
- ↑ "Su experiencia: Dos años cumpliendo objetivos modestos y una destitución" (en castelán). Faro de Vigo. 31 de decembro de 2017. Consultado o 12 de abril de 2026.
- ↑ "Luismi asume el mando del Pontevedra de forma provisional" (en castelán). La Voz de Galicia. 27 de decembro de 2017. Consultado o 12 de abril de 2026.
- ↑ "Luismi sigue al frente del Pontevedra" (en castelán). Faro de Vigo. 24 de maio de 2019. Consultado o 12 de abril de 2026.
- ↑ "El Pontevedra prescinde de Luismi como entrenador" (en castelán). La Voz de Galicia. 21 de outubro de 2019. Consultado o 12 de abril de 2026.
- ↑ "Luismi Areda regresa al Pontevedra para entrenar al filial" (en castelán). La Voz de Galicia. 22 de xullo de 2021. Consultado o 12 de abril de 2026.
- ↑ "El segundo adiós de Luismi" (en castelán). Diario de Pontevedra. 14 de xullo de 2022. Consultado o 12 de abril de 2026.
- ↑ "Celta Fortuna, a reconstrucción por año" (en castelán). La Voz de Galicia. 3 de agosto de 2025. Consultado o 12 de abril de 2026.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Luismi Areda Perfil en LaPreferente.com
- Nados en 1974
- Nados en Vigo
- Futbolistas de Vigo
- Defensas de fútbol
- Adestradores de fútbol de Galicia
- Xogadores do Gran Peña
- Xogadores do Pontevedra CF
- Xogadores do Real Oviedo
- Xogadores do Granada CF
- Xogadores do CCD Cerceda
- Adestradores do Gran Peña
- Adestradores do Mondariz FC
- Adestradores do Pontevedra CF
- Adestradores do Pontevedra CF B