Luisa Pierres
María Luisa Pierres | |
---|---|
Nacemento | 1976 |
Lugar de nacemento | Pontevedra |
Nacionalidade | España |
Ocupación | política |
Pai | José Manuel Pierres Martínez |
[ editar datos en Wikidata ] | |
María Luisa Pierres López, nada en Pontevedra en 1976, é unha arquitecta e política galega do PSdeG-PSOE.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Filla de José Manuel Pierres Martínez. Bolseira da Fundación Caja de Arquitectos na modalidade de mellores expedientes académicos en Proxectos Arquitectónicos de toda España en 2001, o que lle permitiu traballar no estudio EMBT (Miralles Tagliabue) en Barcelona. Licenciada en Arquitectura pola Universidade da Coruña no 2005. Foi presidenta da Comisión de Cultura, tesoureira durante oito anos e actualmente secretaria da delegación en Pontevedra do Colexio de Arquitectos de Galicia. Fundou en 2013, xunto con África Rodriguez, un espazo de coworking na cidade de Pontevedra para fomentar o emprendemento entre autónomos e pequenas pymes,converténdose nun dos referentes galegos do mundo colaborativo. Nas eleccións ao Parlamento de Galicia 2016 foi elixida deputada polo PSdeG-PSOE pola provincia de Pontevedra, cargo que compatibilizou coa súa actividade profesional como arquitecta.
Voceira da Executiva Nacional do PSdeG desde decembro de 2021.