Luís Viñas Cortegoso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Luis Viñas Cortegoso»)
Infotaula de personaLuís Viñas Cortegoso
Biografía
Nacemento25 de marzo de 1912 Editar o valor em Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Morte26 de febreiro de 2000 Editar o valor em Wikidata (87 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , editor Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Luís Viñas Cortegoso, nado en Pontevedra o 25 de marzo de 1912 e finado en Vigo o 26 de febreiro de 2000,[1] foi un inspector e editor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Joaquín Viñas del Monte e sobriño de José Viñas del Monte. Estudou Maxisterio na Normal de Pontevedra e obtivo o título en 1931. Exerceu como mestre de escola en Galicia. Trasladouse a Madrid en 1934 para ampliar os seus estudos na Institución Libre de Enseñanza. Profesor de instituto, foi depurado tras a guerra civil española pola súa relación co galeguismo, e tivo que comezar a vivir das artes gráficas. Ata 1950 non puido acceder a Inspector de Ensino Primario. Fundou, xunto con Xosé María Álvarez Blázquez, a Editorial Monterrey, e máis adiante, foi socio fundador da Editorial Galaxia. Anotou e editou a Vida y viajes literarios de Frei Martín Sarmiento (Edicións Monterrey, Vigo, 1952). Foi membro correspondentes da Real Academia Galega.

Nas eleccións xerais de 1977 ocupou o terceiro posto na candidatura do PSG pola provincia de Pontevedra.[2] Finou en Vigo o 26 de febreiro de 2000.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Viejo, Breixo (2012). "A arte de facer libros". A Trabe de Ouro (90): 275–291. 
  2. La Voz de Galicia, 8-5-1977, p. 37.
  3. Faro de Vigo, 27-2-2000, p. 81.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Viejo, Breixo (2012). "A arte de facer libros: traxectoria editorial e galeguista de Luis Viñas Cortegoso". A Trabe de Ouro (Sotelo Blanco) (90): 275–291.