Luís Soto Menor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Luis Soto Menor»)
Luís Soto Menor
Nacemento2 de marzo de 1881
Lugar de nacementoSeixalbo
Falecemento1 de febreiro de 1964
Lugar de falecementoLugo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmestre e pedagogo
editar datos en Wikidata ]

Luís Soto Menor, nado en Zaín (parroquia de Seixalbo en Ourense) o 2 de marzo de 1881[1] e finado en Lugo o 1 de febreiro de 1964,[2] foi un mestre e inspector galego.[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Un tío sacerdote convenceuno para estudar no Seminario. Despois marchou a Madrid a estudar Filoloxía, aprobou as oposicións de Maxisterio e foi destinado ao Carballiño, onde fundou a Asociación de Mestres do Carballiño. Foi mestre en Ourense e presidente da Asociación Provincial do Maxisterio de Ourense (1915). En 1917 foi nomeado inspector xefe de ensinanza en Lugo. Desde este cargo realizou unha intensa labor de creación de escolas na provincia, creou o padroado das colonias escolares en 1928 e contribuíu a organizar os Congresos Pedagóxicos de Lugo de 1923 e 1933. Proposto pola Asociación Provincial do Maxisterio lucense, presentouse como candidato do Partido Radical Socialista ás eleccións a Cortes Constituíntes de 1931 pola provincia de Lugo, pero non resultou elixido. Volveu ser candidato Radical Socialista nas eleccións de novembro de 1933 e tampouco saíu elixido. Tamén participou na redacción do Estatuto de Galicia. Integrouse en Unión Republicana e foi membro do Comité de propaganda para o referendo do Estatuto en 1936. Colaborou no xornal La Provincia e nas revistas Vida Escolar e La Unión del Magisterio asinando os seus artigos como Maestro de Zaín.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituído, estivo encarcerado e viuse obrigado a alimentar á familia vendendo marmelos e pementón. Foi restituído no seu cargo en 1964, meses antes de morrer.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Dolores Cardero Outeiriño e foi pai de Carmen, Dolores, Consuelo, María Luisa, María del Rosario, José Luís e María de la Cruz Soto Cardero.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 26. 
  2. Necrolóxica en El Progreso, 2-2-1964, p. 4.
  3. Montero, Xesús Alonso (2022-02-15). Florencio Delgado Gurriarán. Poeta na terra, na guerra e no exilio. Antoloxía poética (en castelán). Editorial Galaxia. ISBN 978-84-9151-814-3. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Seijas Soto, María Dolores (2009). Libertarias-Prodhufi, ed. El maestro de Zaín. Madrid. ISBN 978-84-7954-690-8. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]