Luis Nieto Pereira
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1959 Vigo |
| Grupo étnico | Pobo galego |
| Educación | Universidade de Santiago de Compostela Universidade Autónoma de Madrid |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
| Membro de | |
José Luis Nieto Pereira, nado en Vigo en 1959, é un escritor e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Maxisterio na Universidade de Santiago de Compostela (1979). Foi candidato de Galiza Ceive-OLN ás eleccións municipais de 1979 en Vigo. Pertenceu á organización armada da esquerda independentista galega Loita Armada Revolucionaria e foi detido o 1 de setembro de 1980.[1] Foi xulgado na Audiencia Nacional o 30 de marzo de 1982,[2] e condenado a cinco meses de prisión.[3][4] Posteriormente foi indultado en 1983 tras unha petición ao goberno do PSOE.[5] Traballou en tarefas humanitarias en América latina. Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade Autónoma de Madrid (1995), foi coordinador da área de Paz e Solidariedade de Izquierda Unida (1999). Asesor de Manuela Carmena no Concello de Madrid, en decembro de 2020 foi elixido portavoz de Podemos no concello de Madrid.[6] Dimitiu como portavoz de Podemos en novembro de 2023.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Perfecto Conde Muruais (7/9/1980). "Nacionalistas gallegos, acusados de mantener contactos con ETA" El País (en castelán).
- ↑ La Voz de Galicia, 31-3-1982, p. 38.
- ↑ La Voz de Galicia, 8-4-1982, p. 37.
- ↑ La Voz de Galicia, 22-4-1982, p. 37.
- ↑ REAL DECRETO 1157/1983, de 9 de febreiro de 1983, polo que se indulta a Xose Luis Nieto Pereira, Antonio Arias Curto e Xosé Cid Cabido.
- ↑ Un gallego condenado por atracar una caja de ahorros gana las primarias de Podemos en Madrid
- ↑ Dimite el portavoz de Podemos Madrid por las primarias que Belarra "no ha hecho posible"