Luis López López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLuis López López
Biografía
NacementoParadela Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata

Luis López López, coñecido como Garavito, nado en Paradela e finado en 1940, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudante de Dereito en 1936. Apoderado dos candidatos de dereitas, foi detido e internado no cárcere de Sarria en febreiro de 1936.[1] Identificado como fascista, era vixiado polo Comité da Fronte Popular de Castro de Rei de Lemos.[2] Despois do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado xefe local da Falange de Paradela. Actuou en Cospeito como xefe de milicias en setembro en labores de represión e recadación.[3] A principios de novembro marchou á fronte de Madrid.[4] En 1938 foi xulgado con Mario González Zaera e Eduardo Gómez Requejo na causa 1/38, acusados de actividade conspiradora contra Franco, co obxectivo de minar a autoridade deste e atentar contra a súa persoa para conseguir a hexemonía de Hedilla; foron condenados a morte, pero as sentenzas foron conmutadas polas de reclusión a perpetuidade.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de la Verdad, 15-2-1936, p, 2.
  2. El Ideal Gallego, 17-7-1936, p. 7.
  3. La Voz de la Verdad, 4-9-1936, p, 4.
  4. El Ideal Gallego, 7-11-1936, p. 4.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]