Luis Chamizo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLuis Chamizo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Luis Florencio Chamizo y Trigueros Editar o valor em Wikidata
7 de novembro de 1894 Editar o valor em Wikidata
Guareña, España Editar o valor em Wikidata
Morte24 de decembro de 1945 Editar o valor em Wikidata (51 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Murcia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado , poeta , escritor , alcalde Editar o valor em Wikidata
Membro de
Pseudónimo literarioLuis Chamizo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua estremeña Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

Luis Florencio Chamizo Trigueros, nado en Guareña (provincia de Badaxoz) o 7 de novembro de 1894 e finado en Madrid o 24 de decembro de 1945, foi un avogado e poeta en castelán e na variedade local do baixoestremeño de Guareña.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nace no seo dunha familia humilde e traballadora. Seu pai era Joaquín Chamizo Guerrero, natural de Castuera é tinalleiro de profesión, e súa nai, Asunción Triguero Bravo, natural de Guareña. Recibiu os cursos primarios en Guareña, ao parecer, polo mestre Don Diego López. Moi novo frecuenta o despacho do seu pai e a escondidas escribe os seus primeiros poemas amorosos.

Trasládase a Madrid para empezar a cursar o Bacharelato que finalizará en Sevilla, onde tamén obtén o Título de Perito Mercantil. Aos 24 anos licénciase en Dereito na Universidade de Murcia, onde remata os estudos empezados na Universidade Central de Madrid. Durante as vacacións estivais do seu bacharelato e primeiros anos de carreira en Guareña establece amizade co seu paisano Eugenio Frutos Cortés. Colabora no periódico La Semana en Don Benito, que dirixe Francisco Valdés e no tempo libro, inicia a súa aventura en fala estremeña compoñendo versos ás paraxes de Valdearenales, ás súas xentes, e á terra que e viu nacer. Admirador de José María Gabriel y Galán, asistiu á velada poética e inauguración da estatua, realizada por Enrique Pérez Comendador, que o pobo de Cáceres lle ofreceu no ano 1925.

En 1921 marchou a Guadalcanal, onde coñeceu a Virtudes Cordo Nogales, con quen contrae matrimonio ao ano seguinte. Tiveron cinco fillas, Mª Luisa, Mª Victoria, Mª de las Virtudes, Consolación e Mª Asunción. O 7 de abril de 1924 é elixido circunstancialmente, alcalde de Guadalcanal, e ao mes seguinte é designado académico da Real Academia de Boas Letras de Sevilla.

En 1930 foi homenaxeado en Madrid pola estrea de Las Brujas, acto que presidiu o Premio Nobel de Literatura Jacinto Benavente. Rematada a Guerra Civil Española, marcha a Madrid e ingresa no Sindicato de Espectáculos conseguindo un soldo do Estado. Na rúa madrileña de El Escorial, 15, dá clases de declamación totalmente gratis.

O 24 de decembro de 1945, falece aos 51 anos en Madrid. 49 anos despois do día do seu pasamento, o 7 de novembro de 1994, e grazas á súa terceira filla María de Las Virtudes, os seus restos son trasladados ao Cemiterio Municipal da vila de Guarena para o resto dos tempos, cumpríndose o seu desexo no ano do centenario do seu nacemento.

Chamizo contactou co movemento modernista a través de Salvador Rueda, Francisco Villaespesa, Amado Nervo, Emilio Carrere etc. Coñeceu a Federico García Lorca, probablemente a Rafael Alberti e a outros intelectuais e poetas da época. Mais aínda ser Chamizo coetáneo do 27 preferiu quedar no camiño da poesía rexionalista.

En 1921 aparece por primeira vez El miajón de los castúos, posteriormente escribiría a obra de teatro Las Brujas (1932), e o seu libro Extremadura. En 1967, editouse en Madrid unha antoloxía poética co nome de Obra Poética Completa.

Obra[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]