Saltar ao contido

Luis Castro Lois

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLuis Castro Lois

(2023) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento6 de abril de 2002 Editar o valor en Wikidata (24 anos)
Ribadumia Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo galego Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata

Luis Castro Lois, nado en Ribadumia o 6 de abril de 2002, é un futbolista galego que xoga na posición de lateral esquerdo. O seu equipo actual é o Arousa da Terceira Federación.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Tras formarse na Escola Deportiva de Arousa SD e na base do Pontevedra Club de Fútbol, en 2019 incorporouse ás categorías inferiores do Club Deportivo Lugo.[1] O 30 de decembro de 2020, antes mesmo de xogar co filial lucense, debutou co primeiro equipo como titular nunha vitoria ante o CA Pulpileño na Copa do Rei 2020/21.[2] O 21 de xaneiro de 2021 xogou a seguinte rolda do mesmo torneo, entrando como substituto de Gerard Valentín nun partido contra o Girona FC que finalizou cunha derrota para o Lugo por 1-2.[3]

O 1 de abril de 2021, Luis Castro debutou na Segunda División como substituto de Hugo Rama nun encontro do Lugo ante a UD Las Palmas. Posteriormente foi xogador habitual no Polvorín FC, sendo parte do equipo que alcanzou o ascenso histórico á Segunda Federación en abril de 2022.[4] O 12 de xullo de 2023 anunciouse a súa fichaxe polo Racing Vilalbés.[5]

En xuño de 2024, Luis Castro asinou polo Arousa da Terceira Federación.[6] No verán de 2025 renovou o seu contrato co club arousán para xogar a seguinte tempada.[7]

  1. "El Juvenil A comienza el trabajo de pretemporada" (en castelán). CD Lugo. 22 de xullo de 2019. Consultado o 8 de xaneiro de 2021.[Ligazón morta]
  2. "1–2. El Lugo apea de la Copa al Pulpileño con un tanto de El Hacen en el minuto 89" (en castelán). El Progreso (xornal). 15 de decembro de 2020. Consultado o 8 de xaneiro de 2021.
  3. "Una prórroga y un final loco da el pase al Girona" (en castelán). Marca. 7 de xaneiro de 2021. Consultado o 8 de xaneiro de 2021.
  4. "Histórico y largo ascenso del Polvorín a Segunda RFEF" (en castelán). La Voz de Galicia. 24 de abril de 2022. Consultado o 24 de xaneiro de 2026.
  5. Racing Vilalbés (12 de xullo de 2023). "🗣️Luis Castro, nova fichaxe do Rácing Villalbés". Facebook. Consultado o 24 de xaneiro de 2026.
  6. "Luis Castro llega al Arosa para ocupar su lateral izquierdo" (en castelán). Faro de Vigo. 19 de xuño de 2024. Consultado o 24 de xaneiro de 2026.
  7. "Iñaki Martínez, Antón Concheiro y Luis Castro continuarán en el Arousa" (en castelán). La Voz de Galicia. 26 de xuño de 2025. Consultado o 24 de xaneiro de 2026.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]