Luís Casas Pasarín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Luis Casas Pasarín»)
Luís Casas Pasarín
Información persoal
Nacemento 16 de abril de 1902
Lugar de nacemento Pontevedra
Falecemento 17 de agosto de 1986
Lugar de falecemento Madrid
Posición defensa
editar datos en Wikidata ]

Luís Casas Pasarín, coñecido como Pasarín, nado en Pontevedra o 16 de abril de 1902[1] e finado o 17 de agosto de 1986, foi un futbolista pontevedrés, que xogaba de defensa esquerdo, moi corpulento.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Despois de iniciarse no mundo do fútbol no Club Deportivo Pontevedra e no Pontevedra Athletic Club, Pasarín fichou polo Vigo Sporting. Trala fusión deste equipo en 1923 co Fortuna, Pasarín pasou a formar parte do primeiro equipo do Real Club Celta, sendo un dos primeiros capitáns. En decembro dese mesmo ano acadou o campionato de Galicia, trofeo revalidado nos dous anos seguintes.

O 25 de maio de 1924 debutou coa selección española nas Olimpíadas de París, fronte ao combinado italiano. Xogou 6 partidos coa selección española, o último deles o 19 de decembro de 1926 en Vigo contra Hungría.

Na tempada 1927-28 o Celta volveu acadar o campionato galego. O 30 de decembro de 1928 Pasarín xogou o partido de inauguración do estadio de Balaídos, fronte ao Real Unión de Irún.

A cidade de Vigo ós seus atletas.[2]

Pero para a tempada seguinte, na que apareceu a liga española de fútbol, Pasarín fichou polo Valencia CF. Ao pouco de chegar foille concedida a capitanía do equipo. En 1934 chegou á final da copa de España. Nese ano formaba parella defensiva con Torregaray na dereita, recibindo o dúo o alcume de "Las Columnas de Hércules". Cos anos foi perdendo destreza física, e foi caendo no xogo sucio, converténdose no xogador valencianista máis expulsado desa época. Por outra parte, adoitaba lanzar os golpes francos.

En 1935 deixou o fútbol e incorporouse ao Ministerio de Traballo como funcionario, pero ao pouco tempo incorporouse ás filas do Nacional de Madrid.

Trala guerra civil aprobou o título de adestrador. Iniciouse neste posto coa selección española en 1946. Nese mesmo ano pasou a adestrar ao Valencia, equipo co que ganou a Liga da temporada 1946-47. En 1948 regresou a Vigo para dirixir o Celta, onde estivo até 1951, cando marchou a Portugal a facerse cargo do Porto. En 1953 colleu ao Málaga CF, onde estivo unha tempada. No curso 1955-56 dirixiu o Real Oviedo. Regresou ao Celta entre 1957 e 1959, e volveu ao Oviedo en 1959.

Notas

  1. Timiraos, Luís (2022). "O indomable Pasarín". O Dez (9): 10-13. 
  2. "Vigo rende homenaxe aos seus olímpicos e paralímpicos cun monumento". VigoÉ. 13/10/2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]