Luis Caffarelli

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLuis Caffarelli

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de decembro de 1948 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaBuenos Aires Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeArxentina
Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Buenos Aires
Colegio Nacional de Buenos Aires (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Director de teseCalixto Pedro Calderón (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoAnálise matemática e ecuación en derivadas parciais Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmatemático , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Texas en Austin
Universidade de Chicago
Universidade de Nova York
Universidade de Minnesota (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
Obra
DoutorandoOvidiu Savin (pt) Traducir, Eduardo Teixeira (en) Traducir, Ioannis Athanasopoulos (en) Traducir, Enrico Valdinoci (pt) Traducir, Guido De Philippis (pt) Traducir, Daniel Phillips (en) Traducir, Lihe Wang (en) Traducir, Ki-ahm Lee (en) Traducir, Leonardo Bonorino (en) Traducir, Peiyong Wang (en) Traducir, Néstor Edgardo Aguilera (en) Traducir, Ivan Alexander Blank (en) Traducir, Luis Silvestre (en) Traducir, Monica Torres (en) Traducir, Diego Ribeiro Moreira (en) Traducir, Claudia Beatriz Lederman (en) Traducir, Russell Schwab (en) Traducir, Nestor Guillen (en) Traducir, Betul Orcan (en) Traducir, Ray Yang (en) Traducir, Lan Tang (en) Traducir, Rafayel Teymurazyan (en) Traducir, Veronica Rita Antunes de Soares Quitalo (en) Traducir, Rohit Jain (en) Traducir, Hector Andres Chang-Lara (en) Traducir, Hui Yu (en) Traducir e Luis Felipe Duque Alvarez (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeIrene M. Gamba (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Luis Angel Caffarelli, nado en Bos Aires, Arxentina o 8 de decembro de 1948, é un matemático arxentino. Dende 1973 leva radicado nos Estados Unidos e ten a dobre nacionalidade. É un expecialista punteiro no eido das ecuacións diferenciais parciais e as súas aplicacións.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Carreira[editar | editar a fonte]

Caffarelli naceu e medrou en Buenos Aires. Obtivo o máster en Ciencias Exacta en 1968 e o doutoramento (1972) na Universidade de Bos Aires baixo a titoría de Calixto Calderón. Continuou os seus estudos de posgrao na Universidade de Minnesota, onde foi profesor asistente, profesor asociado e finalmente, profesor con categoría plena de 1979 a 1984.[1] A seguir, traballou na Universidade de Chicago, despois no Instituto Courant de Ciencias Matemáticas da Universidade de Nova York en dúas etapas e, de 1986 a 1996, foi profesor no Institute for Advanced Study (IAS) de Princeton.[1][2] Dende 1997, traballa na Universidade de Texas en Austin, onde ocupa hoxe en día a Cátedra Sid Richardson.[1][2]

Campo de traballo[editar | editar a fonte]

Caffarelli recibiu un gran recoñecemento co seu traballo innovador The regularity of free boundaries in higher dimensions publicado en 1977 en Acta Mathematica.[3] Desde entón, foi considerado un dos principais expertos mundiais en problemas de fronteiras libres (nos que se describe o que sucede o que sucede na superficie de contacto dun sistema dinámico como o xeo nun vaso de auga ou nuha fronte atmosférica)[4] e ecuacións en derivadas parciais non lineais. Desenvolveu varios resultados de regularidade para ecuacións elípticas totalmente non lineais, incluíndo a ecuación de Monge-Ampere. Tamén é famoso polas súas contribucións á homoxeneización. Recentemente, interesouse polas ecuacións integro-diferenciais.

Un dos seus traballos máis citados e celebrados, realizado en 1982 en colaboración con Louis Nirenberg e Robert V. Kohn,[5] refírese á regularidade parcial das solucións débiles adecuadas das ecuacións de Navier-Stokes que describen, dende 1845, o fluxo dun fluído viscoso como o aceite.[6]

Obra[editar | editar a fonte]

Ten publicados máis de douscentos artigos en revistas académicas[7] e foi coautor de dous libros:

  1. Fully Nonlinear Elliptic Equations, con Xavier Cabré (1995). Providence, RI: American Mathematical Society. ISBN 0-8218-0437-5[8]
  2. A Geometric Approach to Free Boundary Problems (2005) con Sandro Salsa. Providence, RI: American Mathematical Society. ISBN 978-0-8218-3784-9[9]

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

Ao longo da súa carreira, foi nomeado bolseiro visitante en institutos e universidades de Australia, Italia e Alemaña, e deu conferencias e coloquios no Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT), Berkeley, Stanford, a Universidade de Nova York e a Universidade de Bonn entre outros lugares. Ademais, anualmente imparte cursos e seminarios na Universidade de Bos Aires, onde é Profesor Honorario.

En 1991 foi elixido membro da Academia Nacional de Ciencias, de Estados Unidos. Foi Doutor honoris causa pola Escola Normal Superior de París; Universidade de Notre Dame; Universidade Autónoma de Madrid e Universidade da Prata, Arxentina. Recibiu o Premio Bôcher en 1984. En 1997, foi presidente da Olimpiada Matemática Internacional celebrada en Mar del Plata. En 2003, a Fundación Konex da Arxentina concedeulle o Premio Diamond Konex, un dos máis prestixiosos da Arxentina, como o científico máis importante do seu país na última década xunto con Mirta Roses Periago. En 2005, recibiu o prestixioso Premio Rolf Schock da Real Academia Sueca de Ciencias "polas súas importantes contribucións á teoría das ecuacións en derivadas parciais non lineais"

Tamén é un dos escasos científicos do seu país que forman parte da Academia Pontificia das Ciencias. Dende entón, Caffarelli, ostenta o título de "Excelencia" e goza dunha honra que só conseguiran outros dous grandes científicos arxentinos, como Bernardo Houssay e Luis Federico Leloir. Entre outras distincións, recibiu do papa Xoán Paulo II, en 1988, a Medalla de Ouro Pío XI, instituída en honor deste pontífice, polo seu labor a favor da Academia Pontificia das Ciencias.

En 2009, recibiu o Premio Leroy P. Steele pola súa traxectoria nas matemáticas. En 2012, foi galardoado co Premio Wolf (conxuntamente con Michael Aschbacher) polos seus traballos sobre a regularidade das ecuacións elípticas e parabólicas, os problemas de fronteiras libres e a mecánica de fluídos.[10] En 2015, a Real Academia das Ciencias decidiu nomealo como Académico Correspondente Numerario. O acto de inauguración tivo lugar o 3 de xuño dese ano, na sede da Academia onde o novo académico impartiu a conferencia Difusións non lineais, un dos temas polos que é coñecido mundialmente.

En 2017, impartiu a Conferencia Łojasiewicz sobre Some models of segregation (en galego, Algúns modelos de segregación) na Universidade Jagellónica de Cracovia[11] e, en 2018, recibiu o Premio Shaw en Matemáticas.

En 2023, se converteu no primeiro latinoamericano galardoado co Premio Abel[4] "polas súas contribucións fundamentais á teoría da regularidade para ecuacións diferenciais parciais non lineais, incluíndo problemas de fronteiras libres e a ecuación de Monge-Ampère".[2][12] A cerimonia de entrega do premio será en Oslo o 23 de maio de 2023.[2]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Está casado con Irene Martínez Gamba, tamén brillante matemática.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Luis A. Caffarelli. BIOGRAPHICAL DATA". ma.utexas.edu (en inglés). 21 de xullo de 1999. Archived from the original on 16 de setembro de 2006. Consultado o 22 de marzo de 2023. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 De Ambrosio, Martín (22 de marzo de 2023). "“A nivel de los grandes del siglo”: Luis Caffarelli, el “Messi de la matemática” que ganó el equivalente al Nobel de la disciplina". lanacion.com.ar (en castelán). Consultado o 22 de marzo de 2023. 
  3. Caffarelli, Luis (1977). Institut Mittag-Leffler, ed. "The regularity of free boundaries in higher dimensions". Acta Mathematica (en inglés) 139: 155–184. doi:10.1007/BF02392236. 
  4. 4,0 4,1 De Jorge, Judith (22 de marzo de 2023). "'Nobel de matemáticas' para Luis Caffarelli por entender qué pasa en la frontera entre el agua y el hielo". abc.es (en castelán). Consultado o 22 de marzo de 2023. 
  5. Caffarell & Kohn e Nirenberg 1982
  6. Ansede, Manuel (22 de marzo de 2023). "El argentino Luis Caffarelli gana el ‘Nobel’ de matemáticas por iluminar lo que ocurre en un vaso con hielo". elpais.com (en castelán). Consultado o 22 de marzo de 2023. 
  7. "Publications". web.ma.utexas.edu (en inglés). Consultado o 22 de marzo de 2023. 
  8. "Fully Nonlinear Elliptic Equations". ams.org. Consultado o 22 de marzo de 2023. 
  9. "A Geometric Approach to Free Boundary Problems". ams.org (en inglés). Consultado o 22 de marzo de 2023. 
  10. Redacción (12 de xaneiro de 2012). "Matemático argentino recibió el Premio Wolf". argentina.ar (en castelán). Archived from the original on 23 de xaneiro de 2012. Consultado o 22 de marzo de 2023. 
  11. "S. Lojasiewicz Lecture 2018". Jagiellonian University (en inglés). 25 de xuño de 2018. Consultado o 22 de marzo de 2023. 
  12. "The Norwegian Academy of Science and Letters awards the Abel Prize 2023 to Luis A. Caffarelli, The University of Texas at Austin, USA". abelprize.no (en inglés). Consultado o 22 de marzo de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]