Luis Arce
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (mul) Luis Alberto Arce Catacora 28 de setembro de 1963 A Paz |
| 8 de novembro de 2020 – 8 de novembro de 2025 ← Jeanine Áñez – Rodrigo Paz Pereira → Electo en: eleições gerais na Bolívia em 2020 (pt) | |
| Minister of Economy and Public Finance (en) | |
| 23 de xaneiro de 2019 – 10 de novembro de 2019 ← Mario Guillén (en) | |
| Minister of Economy and Public Finance (en) | |
| 23 de xaneiro de 2006 – 24 de xuño de 2017 | |
| Datos persoais | |
| Residencia | San Pedro prison (en) |
| Relixión | Catolicismo |
| Educación | Universidade Maior de Santo André - economía Universidade de Warwick - economía |
| Actividade | |
| Ocupación | político, economista |
| Partido político | Movemento ao Socialismo (2020–2023) |
| Participou en | |
| 8 de agosto de 2023 | Cumio Amazónica de 2023 |
Luis Alberto Arce Catacora, nado na Paz o 28 de setembro de 1963, é un economista, catedrático de universidade e político boliviano, actual presidente de Bolivia dende 2020. Anteriormente foi ministro de Economía e Finanzas de Bolivia en dous períodos; a primeira vez dende o 23 de xaneiro de 2006 até o 24 de xuño de 2017 e a segunda vez dende o 23 de xaneiro de 2019 até o 10 de novembro de 2019, durante o primeiro, segundo e terceiro goberno do presidente Evo Morales Ayma. Luis Arce foi recoñecido internacionalmente como o principal impulsor e artífice do crecemento económico de Bolivia suscitado entre 2006 e 2019.[1]
En xaneiro foi elixido candidato presidencial para as eleccións xerais de 2020 polo Movemento ó Socialismo en tándem co antigo chanceler David Choquehuanca como candidato a vicepresidente. Foi elixido presidente na primeira rolda, co 55,1% dos votos.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "DW: Las claves del exito economico de Bolivia".
- ↑ "El escrutinio oficial en Bolivia confirma la victoria de Luis Arce con el 55,1% de los votos". El País (en castelán). 23 de outubro de 2020. Consultado o 16 de xuño de 2021.
| A Galipedia ten un portal sobre: Bolivia |
