Luís Antonio Chao Gómez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Luis Antonio Chao Gómez»)
Infotaula de personaLuís Antonio Chao Gómez
Biografía
Nacemento24 de agosto de 1944 Editar o valor em Wikidata (79 anos)
Ribadavia, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónarquitecto , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Luís Antonio Chao Gómez, nado o 24 de agosto de 1944 en Ribadavia, é un arquitecto e político galego, do PPdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en arquitectura, foi arquitecto municipal do Carballiño e presidente do Colexio de Arquitectos de Ourense entre 1981 e 1987. Politicamente, figurou na lista de Alianza Popular ao Congreso dos Deputados pola provincia de Ourense nas Xerais de 1986, pero non saíu elixido. Si que foi escollido concelleiro en Ourense nas eleccións de 1987, e permaneceu no consistorio unha lexislatura, ata 1991. Ao ano seguinte substituíu a Tomás Pérez Vidal como senador de designación autonómica e revalidaría esa condición logo das Xerais de 1993 e de 1996.

Durante ese tempo foi tamén presidente da Xunta Xestora Local de Ourense do Partido Popular (1991-1993). A partir de 1996 pasou a unha segunda fila, da que a piques estivo de ser repescado en 2011, cando o seu nome se deu erroneamente por definitivo nas listas populares ao Senado[1], se ben finalmente concorreu como suplente nas listas ao Congreso.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Patrono da Fundación San Rosendo dende 1992, está casado e ten tres fillos.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]