Luigi Taveri
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 19 de setembro de 1929 Horgen |
| Morte | 1 de marzo de 2018 Suíza |
| Causa da morte | ictus |
| Residencia | Samstagern (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | piloto de motociclismo, emprendedor |
| Deporte | Motociclismo de velocidade |
| Premios | |
| |
Luigi Taveri, nado en Horgen o 19 de setembro de 1929 e finado o 1 de marzo de 2018 nun hospital do cantón de Zúric, foi un motociclista suízo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Debutou no mundo do motociclismo profesional en 1953 en 350cc pilotando unha AJS. En 1962 venceu o mundial de 125cc cunha Honda. Tamén conquistou seis grandes premios: Francia, Irlanda, Bélxica, Ulster, Alemaña Oriental e Holanda totalizando 48 puntos na clasificación xeral. En 1964 conseguiu o seu segundo mundial, tamén en 125cc, cun total de 46 puntos. En 1966 con cinco vitorias conseguiu o segundo posto. Ó remate desa temporada retirouse da alta competición.