Lugher

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Lugher é unha rede social aberta de orixe galega feita dende cero e nun período de tres meses polo outiense Anxo Núñez Fernández.

Descrición[editar | editar a fonte]

A rede social, que foi inaugurada o 11 de xaneiro do 2014 ás 17:00 da tarde, leva funcionando dende entón na súa beta aberta ao público. Calquera pode facer unha conta, probala e facer comentarios ao creador. Tamén existe unha aplicación Android.

A finais de 2014 contaba con máis de 700 usuarios, máis de 3.000 lughs publicados e 4.000 gostos.

A rede está dispoñible en galego coma lingua principal, aínda que hai a opción de elixir entre galego, inglés e castelán para unha tradución futura.

Lugher 2.0[editar | editar a fonte]

O 2 de xaneiro do 2015 a conta oficial de Lugher, na súa propia rede social, anunciaba o próximo lanzamento da nova e mellorada versión, asegurando un completo lavado de cara, reconstrución do código e funcionalidades novas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]