Esteiro do Tambre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°48′28″N 8°54′07″O / 42.8078, -8.9019

Esteiro do Tambre
Esteiro do Tambre
Marco Legal
Figura de Protección: ZEC
Ano de constitución: 2004
Superficie: 1.582 ha. (66% de área mariña)
Lexislación: LIC o 29 de decembro de 2004, ZEC o 27 de marzo de 2004 e 31 de marzo de 2014.[1][2][3]
Datos de interese
País: Galicia Galicia
Provincias: Provincia da Coruña
Concellos: Brión, Negreira, Noia, Outes e Porto do Son
Ríos: río Tambre
Picos
Direccións de interese:
Teléfonos:

O Esteiro do río Tambre é un espazo natural declarado zona especial de conservación (ZEC) que ampara o tramo final do río Tambre e a súa desembocadura na ría de Muros e Noia.[1][2][3][4][5]

Esta zona protexida é o esteiro do interior da ría e a illa de Meán. É unha zona intermareal de lama e area con vexetación de carrizos de Phragmites australis e Zostera noltii e onde no inverno se concentran moitas aves na súa migración.[5] Neste espazo hai dunas móbiles en formación e algunhas xa fixas, onde medra a vexetación, como Malcolmietalia. Neste esteiro hai lagoas costeiras, furnas, calas e baías de pouca profundidade. Rodeando a cabeza do esteiro hai bosques de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior e carballos, o Quercus robur e Quercus pyrenaica.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.