Zona especial de conservación As Catedrais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Véxase tamén: Praia de Augas Santas.
Modelo:Xeografía políticaZona especial de conservación As Catedrais
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 43°33′14″N 7°09′26″O / 43.553889, -7.157222Coordenadas: 43°33′14″N 7°09′26″O / 43.553889, -7.157222
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Lugo
ConcelloRibadeo Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie298,09442 ha Editar o valor em Wikidata
Creación2004 Editar o valor em Wikidata

As Catedrais é un espazo natural declarado zona especial de conservación (ZEC), coa praia das Catedrais declarado como monumento natural e que forma parte da reserva da biosfera do Río Eo, Ozcos e Terras de Burón.[1][2] Atópase na costa setentrional de Galicia, entre a praia de San Miguel de Reinante (ao oeste) e a praia de Olga (ao leste) entre Barreiros e Ribadeo.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A extensión da zona especial de conservación (ZEC) esténdese polas praias de San Miguel de Reinante, Augas Santas, Esteiro, As Illas, Os Castros, Areosa e Olga. Ten unha altitude media de 15 metros.

Hábitat e flora[editar | editar a fonte]

A vexetación é a típica dos cantís e rochedos de costas expostas ao mar. Hai dunas móbiles embrionarias, dunas móbiles de litoral con feos (Ammophila arenaria) tamén chamadas dunas brancas, dunas costeiras fixas con vexetación herbácea (dunas grises), uceiras húmidas atlánticas de zonas mornas de Erica ciliaris e Erica tetralix, uceiras secas atlánticas costeiras de Erica vagans e bosques aluviais de amieiros e freixos. Os pasteiros salinos e o mato con formas de almofadas son as formacións máis comúns. Entre estes últimos están as torgueiras e toxeiras nas que destaca a presenza de Erica vagans, especie que en Galicia está restrita a algúns puntos do seu extremo setentrional.

Fauna[editar | editar a fonte]

As praias acollen algunhas especies de aves limícolas nos meses invernais, e pódese observar a presenza da píllara pequena (Charadrius dubius) e virapedras (Arenaria interpres), mazaricos rabipintos (Limosa lapponica) e varias especies de pilros, coma o pilro tridáctilo e o pilro cinsento (Calidris maritima). Son relativamente frecuentes, tamén no inverno, as aves mariñas, entre as que podemos observar, ademais de gaivotas e corvos mariños, carráns (Sterna spp.), mascatos comúns (Sula bassana) e, incluso individuos illados de Mobella ártica e pequenas bandadas de patos mariños ou de parrulos pentumeiros comúns (Melanitta nigra).

Lexislación[editar | editar a fonte]

O espazo foi considerado e delimitado como lugar de importancia comunitaria en 2001 e foi declarado como zona de especial protección en 2003 na Rede Natura 2000. O Monumento Natural da Praia das Catedrais acolle a esa praia e é de 29 ha.

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia. (eds.). "As Catedrais". 
  2. Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia. (eds.). "Monumento Natural: A Praia das Catedrais.". 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]