Lucy Ejike

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Lucy Ejike
Nigerian powerlifter in Rio.jpg
Nacemento16 de outubro de 1977
 Nixeria
NacionalidadeNixeria
Alma máterUniversity of Nigeria
Ocupaciónpowerlifter
editar datos en Wikidata ]

Lucy Ogechukwu Ejike, nada o 16 de outubro de 1977,[1] é unha levantadora de peso paralímpica nixeriana. Representou o seu país en cinco Xogos Paralímpicos consecutivos desde os Xogos Paralímpicos de Sidney 2000 até os Xogos Paralímpicos de Río de Xaneiro 2016. Gañou medallas en cada edición dos xogos, tres de ouro e dúas de prata.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Utiliza unha cadeira de rodas por mor da polio.[2] Comezou a adestrar como levantadora de peso pouco antes dos Xogos Paralímpicos de 2000 en Sidney, Australia.[2] Competiu no evento de 44 kg de peso tomando a medalla de prata cun levantamento de 102,5 kg, detrás de Fatma Omar de Exipto. Catro anos despois, nos Xogos de Atenas, mentres competía na mesma categoría de peso, acadou o récord mundial de levantamento de peso paralímpico dúas veces, gañando a medalla de ouro cun peso levantado de 127,5 kg.

Nos Xogos de Pequín 2008, subiu unha categoría de peso e gañou o oro nos 48 kg. Rachou o récord mundial co seu primeiro intento, levantando 125 kg. Volveuno conseguir cun segundo levantamento de 130 kg.[2]

Trala súa vitoria en Pequín, declarou as súas intencións de subir de peso para estabelecer un novo récord mundial nunha terceira categoría. Isto levou a un enfrontamento nos Xogos Paralímpicos de 2012 en Londres coa súa rival de Atenas, e posuídora do récord mundial de 56 kg, Fatma Omar.[2][3] Ejike tomou a dianteira na primeira rolda cun levantamento de 135 kg, pero non puido mellorar este intento, mentres que Omar bateu o seu récord dende Pequín cun levantamento final de 142 kg. A pesar de non poder vencer a Omar, obtivo a medalla de prata, 17 kg sobre a medallista de bronce Özlem Becerikli de Turquía.

Catro anos más tarde, Ejike e Omar enfrontáronse por terceira vez nos Xogos Paralímpicos, cando ambas asistiron aos Xogos de 2016 en Río de Xaneiro. Despois de Londres, o Comité Paralímpico Internacional cambiou as categorías de peso de levantamento de pesas tanto para homes como para mulleres, e ambas competiron nas categorías femininas de 61 kg. O ano anterior, a mexicana Amalia Pérez estebeleceu un récord mundial cun levantamento de 133 kg, que Ejike superou co seu primeiro levantamento de 135 kg.[4] Omar fallou en 133 kg no seu primeiro levantamento, pero tivo éxito co mesmo peso no seu segundo intento. Ejike mellorou o seu liderado co seu segundo levantamento, estabelecendo o seu segundo récord mundial do día cun peso de 138 kg. Omar respondeu cun levantamento final de 140 kg, colocando a Ejike na posición da medalla de prata. Co seu intento final, Ejike tivo éxito co seu terceiro récord mundial do día e a medalla de ouro cando completou un levantamento de 142 kg para converterse tres veces na gañadora da medalla de ouro. Tamén foi honrada en Río ao ser seleccionada polo seu país para ser a abandeirada na cerimonia de apertura.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Lucy Ejike". Rio2016.com. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2016. Consultado o 6 de agosto de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Cui, Xiaohuo (11 de setembro de 2008). "For Ejike, records are to break". Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2008. Consultado o 8 de xaneiro de 2009. 
  3. "Nigeria aiming high at Fazaa Powerlifting Championships". paralympic.org. 21 de febreiro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2016. Consultado o 29 de outubro de 2016. 
  4. "Results - Women's -61 kg Group A". Comité Paralímpico Internacional. 11 de setembro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2016. Consultado o 29 de outubro de 2016. 
  5. Stevens, Samuel (12 de setembro de 2016). "Lucy Ejike Smashes World Record Three Times to Win Gold Medal for Nigeris". independent.co.uk. Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2016. Consultado o 29 de outubro de 2016.