Lucrecia Martel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Lucrecia Martel
Lucrecia Martel (cropped).jpg
Nacemento14 de decembro de 1966
 Salta
NacionalidadeArxentina
Alma máterEscuela Nacional de Experimentación y Realización Cinematográfica e Universidade de Buenos Aires
Ocupacióndirectora de cine, guionista e produtora
Coñecida porThe Salta Trilogy e Zama
editar datos en Wikidata ]

Lucrecia Martel nada en Salta o 14 de decembro de 1966, é unha directora, guionista e produtora cinematográfica arxentina. O estudoso do cinema Paul Julian Smith escribiu en 2015 que é "sen discusión a autora máis aclamada criticamente no art cinema en lingua castelá de Latinoamérica”,[1] Haden Guest denominouna “unha das cineastas cun talento máis prodixioso no cinema contemporáneo mundial”,[2] e David Oubiña considerou a súa obra unha “estraña perfección”.[3] En abril de 2018, Vogue chamouna "unha dos grandes directores do mundo agora mesmo".[4]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cursou os seus estudos secundarios no Bacharelato Humanista Moderno da cidade de Salta, onde foi compañeira de clase de Juan Manuel Urtubey.[5] Martel formouse na Escola Nacional de Experimentación e Realización Cinematográfica (ENERC) de Buenos Aires. Dirixiu as curtametraxes El 56 (1988), Piso 24 (1989), Besos rojos (1991) e Rey muerto (1995), este último cun esquema de produción industrial, grazas a que o guión gañou o concurso Historias Breves do Instituto Nacional de Cine (INCAA) da Arxentina, así como a serie de televisión D.N.I. (1995) e o programa infantil pouco convencional Magazine For Fai, antes de realizar a súa primeira longametraxe, La Ciénaga (2001), polo cal obtivo numerosos premios, entre eles o premio NHK do Festival de Cine de Sundance, o Grand Prix do Festival de Cine Latinoamericano de Toulouse, o premio ao mellor filme e á mellor directora do Festival de Cine da Habana, o Premio Alfred Bauer do Xurado Internacional en 2001 no Festival Internacional de Cinema de Berlín e un nomeamento ao Oso de Ouro no mesmo festival.[6][7]

En 2004 a súa segunda longametraxe, La niña santa, foi candidato á Palma de Ouro no Festival de Cine de Cannes.

O seu terceiro filme, La mujer sin cabeza, foi seleccionado no Festival de Cannes en 2008.

En 2011 obtivo o Premio Konex como un dos cinco mellores directores de cinema da década na Arxentina.

En relación á rodaxe de Zama, estreado en 2017, a cineasta comentou:

Nunca estiven nunha rodaxe tan emocionante, nunca nunha rodaxe vin tan preto o que queriamos dicir do que estabamos a vivir. Non sei como será este filme, mais podo dicir que a rodaxe de Zama é inesquecíbel, e se a iso lle sumas semanas traballando co barro ata o xeonllo, días coa auga á cintura, moitas linguas distintas, pilagá, qom, portugués, guaraní, haitianos que falan francés, en fin, inesquecíbel.[8]

E sobre os dez anos transcorridos dende a rodaxe do seu filme anterior afirmou:

Ninguén espera un filme meu, por sorte para todos. Tampouco creo que sexa o meu regreso, porque nunca me fun. Todo este tempo estiven a facer o que fago sempre, tratando de entender o mundo, a nosa azarosa, minúscula e poderosa existencia, tratando de querer e que me queiran, como todo o mundo. As ideas que fundan o desexo de facer un filme, é dicir, de facer público un proceso íntimo, ás veces precisan tempo, é iso nada máis.

En 2019, foi elixida presidenta do xurado do Festival de Cinema de Venecia. No marco de devandito festival tivo ao seu cargo o discurso homenaxe a Pedro Almodóvar.[9] Ese mesmo ano tres das súas longametraxes formaron parte das cen mellores películas de todos os tempos dirixidas por mulleres, segundo unha enquisa organizada pola BBC.[10] Ademais, estivo a cargo da posta visual do espectáculo Cornucopia da artista islandesa Björk, que se estreou no centro cultural The Shed de Nova York o 6 de maio de 2019.[11] "Síntome moi orgullosa de poder traballar xunto a unha das mulleres máis innovadoras do mundo da música. Colaborar nun espectáculo de Björk é un pasaporte ao século XXII", dixo ao anunciar a convocatoria de parte da cantante.[12]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Martel citou a María Luisa Bemberg,[13] Ingmar Bergman,[14] e Pedro Almodóvar[15] como influencias.

En febreiro de 2016, durante a montaxe de Zama, Martel foi diagnosticada con cancro uterino. Afirmou que a doenza causou un atraso na posprodución do filme, mais finalmente catalizou a súa fin. En novembro de 2017, IndieWire informou que estaba en remisión dende finais de 2016.[16]

Martel é abertamente lesbiana.[17] Contoullo á súa familia antes da estrea en 2001 de La Ciénaga porque estaba preocupada pola reacción da homosexualidade implícita do filme. A súa nai respondeu de forma amorosa e dixo que o sabía dende que Martel tiña sete anos.[15] Martel mantén unha relación coa cantante Julieta Laso, antiga vocalista da Orquesta Típica Fernández Fierro.[18][19]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Smith, Paul Julian (2013-01-22). "Transnational Co-productions and Female Filmmakers: The Cases of Lucrecia Martel and Isabel Coixet" (Print). En Parvati, Nair; Gutiérrez-Albilla, Julián Daniel. Hispanic and Lusophone Women Filmmakers: Theory, Practice and Difference. U.K.: Manchester University Press. pp. 12–24. ISBN 9780719083570. 
  2. Guest, Haden (1 de xaneiro de 2009). "Lucrecia Martel by Haden Guest". BOMB Magazine. Consultado o 29 de xuño de 2018. 
  3. Oubiña, David (26 de xaneiro de 2015). "La Ciénaga: What's Outside the Frame". The Criterion Collection. Consultado o 30 de outubro de 2017. 
  4. Powers, John (9 de abril de 2018). "Lucrecia Martel, One of the Greatest Directors in the World Right Now, Gets a Well Earned Retrospective at Lincoln Center". Vogue. Consultado o 29 de agosto de 2018. 
  5. "Lucrecia Martel pidió a Urtubey y Cargnello que se pronuncien por los pañuelos borrados en Salta". La Gaceta. 27 de marzo de 2018. Consultado o 22 de setembro de 2018. 
  6. Color, ABC. "Lucrecia Martel: “La industria del cine se puso un poco torpe” - Especiales - ABC Color" (en castelán). Consultado o 2 de abril de 2017. 
  7. "Prizes & Honours 2001 Berline Internationale Filmfestpiele". Consultado o 12 de novembro de 2012. 
  8. La Gaceta. "Lucrecia Martel: 'es fácil soportar la estupidez machista si uno la reconoce como estupidez' - La Gaceta Salta". Consultado o 2 de abril de 2017. 
  9. Revista Marienbad. "Discurso de Lucrecia Martel en homenaje a Pedro Almodóvar" (en español). Arquivado dende o orixinal o 30 de agosto de 2019. Consultado o 30 de agosto de 2019. 
  10. Revista Marienbad. "Las cien mejores películas dirigidas por mujeres, según la BBC" (en español). Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 26 de novembro de 2019. 
  11. EFE. "La islandesa Björk debuta en el neoyorquino The Shed su nuevo show Cornucopia" (en castelán). Consultado o 25 de febreiro de 2020. 
  12. "Lucrecia Martel realizará la puesta visual de Björk" (en castelán). 5 de febreiro de 2019. Consultado o 25 de febreiro de 2020. 
  13. Martin, Deborah; Shaw, Deborah (2017). "Introduction" (Print). Latin American Women Filmmakers: Production, Politics, Poetics. Londres, Nova York: I.B. Tauris. pp. 11–23. ISBN 9781784537111. 
  14. Johnstone, Sheila (7 de febreiro de 2005). "Film-makers on film: Lucrecia Martel". The Telegraph (Londres). Consultado o 5 de maio de 2018. 
  15. 15,0 15,1 Yemayel, Mónica (3 de xuño de 2018). "El ojo extraterrestre". Gatopardo (en castelán). Consultado o 29 de xuño de 2018. 
  16. Kohn, Eric (21 de novembro de 2017). "How Pedro Almódovar Pushed Argentina's Greatest Filmmaker to Make Her Best Movie Ever". IndieWire. Consultado o 27 de agosto de 2018. 
  17. Anarte, Enrique (24 de febreiro de 2020). "El cine LGBTI argentino cautiva en Berlín y el resto de Europa". DW (en castelán). Consultado o 13 de abril 2020. 
  18. Bauer, Cat (29 de agosto de 2019). "All About Mujeres (Women) - Variety Bash at Hotel Daniel - 76th Venice Film Festival". Venetian Cat. Consultado o 13 de abril de 2020. 
  19. Monfort, Flor (13 de setembro de 2019). "La flor de mi secreto". Página/12 (en castelán). Consultado o 13 de abril de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]