Lucrecia Arana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLucrecia Arana

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Lucrecia López de Arana y Fernández Editar o valor em Wikidata
23 de novembro de 1867 Editar o valor em Wikidata
Haro, España Editar o valor em Wikidata
Morte9 de maio de 1927 Editar o valor em Wikidata (59 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de San Justo de Madrid Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante de ópera Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
TesituraSoprano e Contralto Editar o valor em Wikidata

InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMariano Benlliure

Lucrecia López de Arana y Elorza, coñecida como Lucrecia Arana, nada en Haro o 23 de novembro de 1867 e finada en Madrid o 9 de maio de 1927, foi unha cantante soprano-contralto.[1][2] Fíxose moi popular polas súas actuacións no xénero da zarzuela.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Retrato de Lucrecia Arana

O seu pai faleceu na terceira guerra carlista cando ela tiña só un ano. Sendo moza trasladouse a Madrid para traballar na sucursal que alí tiña o adegueiro rioxano López Heredia e acudiría a clases de canto cos mellores profesores da época.

En 1887, con dezanove anos, debutou cun papel secundario da obra "La mascota" no teatro Price de Madrid. Coa compañía de Julián Romea realizou actuacións por diversos lugares de España. Unha delas foi nas festas de setembro de Haro, a súa localidade natal.[3]

En 1896, actúa no teatro da Zarzuela coa obra "El Gaitero", e o ano seguinte estrea "La viejecita" de Echegaray e o mestre Caballero, interpretando o personaxe de Carlos.

O 29 de novembro de 1898 estreouse no Teatro da Zarzuela de Madrid Gigantes y cabezudos, zarzuela cómica nun acto e tres cadros, en verso.[4] Texto de Miguel Echegaray e música de Manuel Fernández Caballero, zarzuela especialmente escrita para Lucrecia no papel protagonista de Pilar.

Abandonou os escenarios en 1908 e casou co escultor valenciano Mariano Benlliure. Tiveron un único fillo, José Luís Mariano Benlliure López de Arana, nado o 5 de xullo de 1898 e finado en 1981.[5]

En 1927 morreu na súa casa por unha embolia cerebral e foi enterrada no cemiterio de San Justo, en Madrid. O seu marido esculpiu unha medalla coa súa imaxe que dende entón se concede como premio á cantante máis destacada no Conservatorio de Madrid.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Tumba de Lucrecia Arana, 1927". Consultado o 30 de abril de 2017. 
  2. "Muerte de Lucrecia Arana". La Época. 9 de mayo de 1927. Consultado o 30 de abril de 2017. 
  3. El diario del día 3 de septiembre menciona que la compañía de Julián Romea va a Haro en fiestas de La Virgen de la Vega. El día siguiente dice que se les olvidó indicar que Lucrecia Arana venía con ellos. "Sección de noticias". Año II (490). Logroño: La Rioja. Consultado o 15 de julio de 2010. 
  4. "Sección de espectáculos" (PDF). Año XXXII (11352). Madrid. Consultado o 19 de diciembre de 2011. Esta noche: En la Zarzuela, estreno de la zarzuela en un acto y tres cuadros Gigantes y cabezudos, libro de Miguel Echegaray, música del maestro Caballero. 
  5. "José Luis Mariano Benlliure Arana". Consultado o 30 de abril de 2017.