Lucio I, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Lucio I")
Lucio I
Lucius I.jpg
Lucio I
Alcume San Lucio
Nacemento 200
Lugar Roma
Falecemento 5 de marzo de 254
Lugar Roma
Relixión catolicismo
Ocupación clérigo e padre
Período entre os anos 253 e 254
Coñecido/a por ser o papa n° 22 da igrexa católica
Organización Igrexa católica
Cargos Bispo de Roma
editar datos en Wikidata ]

Lucio I, nado en Roma e falecido o 5 de marzo de 254, foi o 22º Papa da igrexa católica entre 253 e 254.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Porfirio, Lucio, que ao igual que moitos cristiáns sufría pena de desterro por orde do emperador Treboniano Galo, puido regresar a Roma trala morte deste en maio de 253 e ser elixido sucesor do papa Cornelio.

O seu pontificado foi moi breve, e durante o mesmo continuou a política do seu predecesor contra os novacianos.

Home de rigorosos costumes, prohibiu a cohabitación entre homes e mulleres que non fosen consanguíneos, e impuxo aos eclesiásticos a obriga de non convivir coas relixiosas que lles daban hospitalidade por sentimentos caritativos.

Aínda que nos martiroloxios aparece como mártir, non parece que fose certo, dado que cando faleceu, baixo o goberno do emperador Valeriano, os cristiáns eran tratados benevolamente.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.