Luciano Pereyra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Luciano Pereyra
Luciano Pereyra durante un recital en el Luna Park en 2021.jpg
Nome completoLuciano Ariel Pereyra
Data nacemento21 de setembro de 1981
Nado enLuján
OcupaciónMúsico
XéneroFolclore, Pop, Balada
Instrumento(s)voz, guitarra, piano
Selo(s) discográfico(s)Sony Music, EMI, Universal Music
Tempo en activo1998 - presente
Na rede
http://www.lucianopereyra.com/
IMDB: nm1367748 Facebook: lucianopereyraoficial Twitter: lucianopereyra Instagram: lucianopereyraoficial MySpace: lucianopereyra_oficial Spotify: 6ZZ2DeepA3GpoGU4KwqSlU iTunes: 118725864 Musicbrainz: b0e14f69-47e0-44f3-b3cf-767473defcbb Discogs: 4119165 Genius: Luciano-pereyra Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Luciano Pereyra, nado en Luján o 21 de setembro de 1981, é un cantante e compositor arxentino.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Luciano Pereyra naceu un 21 de setembro de 1981 na cidade de Luján na Provincia de Buenos Aires. O seu primeiro contacto coa música foi en 1984 con 3 anos de idade, cando tarareou unha canción que aprendera na radio. Ese mesmo ano, recibiu unha guitarra polo Nadal. Ao ano seguinte, en 1985, Luciano concursou nun programa de televisión do antigo ATC.

En 1990, aos seus 9 anos de idade, Luciano participou en Festilindo, un programa infantil onde xurdiron moitos dos actuais actores e cantantes recoñecidos a nivel nacional e no que Luciano foi finalista. Á mesma idade cantou no programa de Xuxa o tema de León Gieco Sólo le pido a Dios, o mesmo que dez anos despois (2000) o faría famoso en varios países ao cantalo fronte ao Papa Xoán Paulo II na Cidade do Vaticano, representando a Latinoamérica no festexo do xubileu.

Discografía[editar | editar a fonte]