Lucian Mureșan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Lucian Mureșan
Arcebispo Maior da Igrexa católica bizantina romanesa
Biografía
Nacemento23 de maio de 1931 en Ferneziu
Ordes
Ordenación sacerdotal19 de decembro de 1964, por Ioan Dragomir
Consagración episcopal27 de maio de 1990, por Alexandru Todea
Creado cardeal18 de febreiro de 2012, por Bieito XVI
Arcebispo maior de Făgăraș e Alba Iulia
Cardeal-Presbítero de Sant'Atanasio
Presidente da Conferencia Episcopal de Romanía
1994 - actualidade
PredecesorAlexandru Todea
Outros
Fiat voluntas Tua
Ficha en catholic-hierarchy.org

Lucian Mureșan, nado en Ferneziu o 23 de maio de 1931, é un eclesiástico grecocatólico romanés, cardeal e arcebispo maior de Făgăraș e Alba Iulia dende 1994.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu o 23 de maio de 1931 en Ferneziu, entón no Reino de Romanía. O 19 de decembro de 1964, xa co país baixo dominio comunista, foi ordenado sacerdote da diocese de Maramureș.

O 14 de marzo de 1990 foi nomeado bispo de Maramureș, e o 27 de maio do mesmo ano foi consagrado bispo polo arcebispo Alexandru Todea.

O 4 de xullo de 1994 foi nomeado arcebispo de Făgăraș e Alba Iulia. Coa elevación da sé ao rango de arquidiocese maior por Bieito XVI o 16 de decembro de 2005 pasou a ser o arcebispo maior da Igrexa católica bizantina romanesa. O mesmo papa creouno cardeal no consistorio do 18 de febreiro de 2012, coa sé titular de Sant'Atanasio.