Luci Tapahonso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLuci Tapahonso
Biografía
Nacemento8 de novembro de 1953 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
Shiprock, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoPobo navajo Editar o valor em Wikidata
EducaciónShiprock High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora , escritora de literatura infantil Editar o valor em Wikidata

Páxina weblucitapahonso.com Editar o valor em Wikidata
Musicbrainz: f650bad0-22d7-4e5d-a578-4001c80fd4a5 Discogs: 2640932 Editar o valor em Wikidata

Luci Tapahonso, nada en Shiprock, Novo México o 8 de novembro de 1953,[1][2] é unha poetisa navajo e profesora de estudos amerindios. É a primeira poeta laureada da Nación Navajo, sendo sucedida por Laura Tohe.[3][4]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nada na reserva Navajo en Shiprock, Novo México filla de Eugene Tapahonso Sr. (Tódichʼíinii ou clan Auga Amarga) e Lucille Deschenne Tapahonso (Áshįįhí ou clan Auga Salgada),[1] Luci Tapahonso foi educada na maneira tradicional con 11 irmáns. Na granxa familiar non falaban inglés e Tapahonso aprendeuna como segunda lingua, sendo a súa lingua materna o navajo.[5] Estudou na Escola Metodista Navajo en Farmington, Novo México,[6] e despois na Shiprock High School e graduouse en 1971. Embarcouse nunha carreira como xornalista e reporteira de investigación antes de comezar os seus estudos na Universidade de Novo México en 1976.[5] Alí coñeceu á novelista e poeta Leslie Marmon Silko, quen era membro da facultade e que foi unha influencia importante nos primeiros escritos de Tapahonso. Ela tiña previsto inicialmente estudar xornalismo en Novo México, mais Silko convenceuna de cambiar a súa orientación cara a escritura creativa. Obtivo a súa licenciatura en 1980.[7] En 1983, Tapahonso obtivo o seu máster en escritura creativa,[8] e ensinou en Novo México, máis tarde na Universidade de Kansas e na Universidade de Arizona.[6][7]

Escritos[editar | editar a fonte]

Silko axudou a Tapahonso a publicar a súa primeira historia, "The Snake Man", en 1978.[7] A súa primeira colección de poesía, One More Shiprock Night (escrita cando aínda estana en pregrao), foi publicada en 1981, pero non tivo demasiado impacto.[5] Seguindo o exemplo de Silko, o primeiro traballo de Tapahonso é místico e pon moita importancia na idea da feminidade como fonte de poder e equilibrio no mundo. Tamén emprega con frecuencia os seus familiares e amigos da infancia na súa poesía. Publicou diversas coleccións máis como One more Shiprock night (1981), Seasonal woman (1982), A breeze swept through (1989) e Navajo ABC: a Dine alphabet book (1995), así como moitos poemas individuais foron recollidos en antoloxías, noutras coleccións, literatura activista e en revistas como Diné Be Iina.[7]

A súa colección de 1993 Saánii Dahataal (the women are singing), escrita en navajo e inglés, foi a primeira en conseguir repercusión internacional, unha reputación consolidada posteriormente con Blue horses in rush (1997).[7]

Os escritos de Tapahonso, a diferenza dos da maioría dos escritores amerindios, son unha tradución da obra orixinal que creou na súa lingua nativa. O seu traballo navajo inclúe cancións orixinais e cantos deseñados para exhibición. Por este motivo, o seu traballo inglés é fortemente rítmico e emprega estruturas sintácticas habituais na poesía en inglés.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Tillett, Rebecca (1 de agosto de 2001). "Luci Tapahonso". The Literary Encyclopedia. Consultado o 14 de maio de 2014. 
  2. Library of Congress (ed.). "Tapahonso, Luci 1953-". lccn.loc.gov. Consultado o 14 de maio de 2014. 
  3. "Luci Tapahonso Named as Navajo Nation's First Poet Laureate". Indian Country Today Media Network. 30 de abril de 2013. Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2013. Consultado o 14 de maio de 2014. 
  4. White, Kaila (25 de setembro de 2015). "ASU professor Laura Tohe named Navajo Nation’s second poet laureate". The Arizona Republic. Consultado o 6 de agosto de 2016. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Sonneborn, Liz (2007). A to Z of American Indian Women. A to Z of Women. Facts on File. ISBN 978-0816066940. 
  6. 6,0 6,1 Smith, Noel Lyn (17 de outubro de 2011). "Celebrated Diné poet visits with St. Michael students". Navajo Times. Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2014. Consultado o 14 de maio de 2014. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 Dunaway, David King; Sara Spurgeon (2003). Writing the Southwest. University of New Mexico Press. ISBN 978-0826323378. 
  8. Velie, Alan R.; Jennifer McClinton-Temple (2007). Encyclopedia of American Indian Literature. Encyclopedia of American Ethnic Literature. Facts on File. ISBN 978-0816056569. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]