Saltar ao contido

Lucensia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Lucensia
Imaxe
 Instancia de
 Título
Lucensia (es) Editar o valor en Wikidata
 Lingua
Organizacións
 Editorial
Datas
 Fundación / creación
1990 Editar o valor en Wikidata
 Periodicidade
6 MM Editar o valor en Wikidata
 Data de publicación
1990 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de publicación
 País de orixe
Identificadores
ISSN1130-6831 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Enciclopedia Galega Universal: 146222 Galiciana: 7398 Dialnet: 7534
Wikidata

Lucensia (grafada LVCENSIA), subtitulada Miscelánea de cultura e investigación, é unha revista semestral de humanidades publicada pola biblioteca do Seminario de Lugo desde 1990. Sae nos meses de maio e novembro. Inclúe tanto artigos en castelán como en galego, cunha tiraxe duns 800 exemplares por número.

Características

[editar | editar a fonte]

Dirixida por Gonzalo Fraga Vázquez, sacerdote e profesor do seminario, a revista está estruturada en catro seccións: "Estudios", "Comentarios", "Textos" e "Libros".[1] Entre os contidos predominan temas de historia, etnografía, antropoloxía, música, economía ou relixión, relativos, principalmente, á cidade de Lugo, á súa provincia e á Diocese de Lugo.[2]

Leva publicado máis de 800 artigos de máis de 300 autores,[3] entre eles Adolfo de Abel Vilela, María Pilar Alén, Henrique Alvarellos, Nicandro Ares, Felipe Arias, José María Barja, Bieito XVI, José Manuel Blanco, Xosé Manuel Blanco Prado, Alfonso Blanco Torrado, Darío Xohán Cabana, Afonso Carrasco Rouco, Benxamín Casal, Juan José Cebrián Franco, Lois Diéguez, María Isabel Fernández García, Juan Carlos Fernández Pulpeiro, Alfredo Freixedo Alemparte, Xosé Fuentes Alende, Antonio Gandoy, Bernardo García Cendán, Xosé García Oro, Avelino Gómez Ledo, Baldomero Iglesias, Lois Ladra, Jesús Andrés López Calvo, Luis López Pombo, Xesús Mato, José Luis Novo Cazón, Carlos Nuevo Cal, Ramón Núñez Gamallo, Uxío Novoneyra, Xosé Otero Canto, Carmen Pallares Méndez, Fernando Pardo Gómez, Eduardo Pardo de Guevara, Victorino Pérez Prieto, Xosé María Pin Millares, Ricardo Polín, Ermelindo Portela Silva, Manuel Regal Ledo, Nicanor Rielo Carballo, Antonio Rigueiro Rodríguez, Elixio Rivas, Xoán Rof Carballo, Francisco Sineiro, Xosé Trapero Pardo, Maite Veiga, Fiz Vergara Vilariño, Félix Villares Mouteira e Prudencio Viveiro.[4]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]