Luca Attanasio
Luca Attanasio | |
---|---|
Nome completo | Luca Attanasio |
Nacemento | 23 de maio de 1977 |
Lugar de nacemento | ![]() |
Falecemento | 22 de febreiro de 2021 (43 anos) |
Lugar de falecemento | ![]() |
Causa | Disparo de bala |
Nacionalidade | ![]() |
Alma máter | Universidade Comercial Luigi Bocconi |
Ocupación | Diplomático |
Pai | Salvatore Attanasio |
Cónxuxe | Zakia Seddiki (m. 2015)[1] |
Período | 5 de setembro de 2017 - 22 de febreiro de 2021 |
Coñecido por | Embaixador italiano no Congo |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Luca Attanasio, nado en Saronno (Lombardía) o 23 de maio de 1977 e finado en Goma (Congo) o 22 de febreiro de 2021, foi un diplomático italiano, que serviu como embaixador na República Democrática do Congo desde 2017 até o seu asasinato nese mesmo país en febreiro de 2021.[2]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Attanasio medrou en Limbiate[3] e graduouse con honores na Universidade Comercial Luigi Bocconi en 2001. Arrancou a súa carreira diplomática en 2003, no Farnesina, dentro da Xunta Directiva para Asuntos Económicos, Oficina de Apoio Empresarial, e logo no secretariado da Dirección Xeral por África. Un ano máis tarde pasou a ser xefe deputado do subsecretariado de estado con responsabilidade en África e Cooperación Internacional. Attanasio comezou fóra de Italia en 2006, servindo na Oficina Económica e Comercial da embaixada italiana en Berna (2006–2010) e xeneral do Consulado Rexedor de Italia en Casablanca, Marrocos (2010–2013).[4] En 2013 regresou ao Farnesina onde foi nomeado Xefe do Secretariado da Dirección Xeral para a Globalización e Asuntos Globais. Máis tarde regresou a África como conselleiro primeiro na embaixada italiana en Abuja, Nixeria, en 2015. Desde o 5 de setembro de 2017, foi líder de misión en Kinshasa, na República Democrática do Congo. E dende o 31 de outubro de 2019, foi confirmado como Embaixador Extraordinario Plenipotenciario acreditado no Congo.[5][6] En outubro de 2020, foi premiado co Premio Internacional Nassiriya pola Paz.[7][8] Attanasio era un dos embaixadores italianos máis mozos.[9]
Morte[editar | editar a fonte]

En febreiro de 2021, un convoi de tres vehículos do Programa Alimentario Mundial (WFP) da MONUSCO, a misión de Nacións Unidas para a estabilización da República Democrática do Congo, na cal viaxaban sete persoas[10] entre elas Luca Attanasio, foi atacado por seis individuos armados.[10] O convoi atopábase na Provincia de Kivu do Norte, nun traxecto desde Goma até Rutshuru, unha cidade 70 km ó norte de Goma, nunha ruta que levaría aos vehículos polo Parque Nacional de Virunga[10], para subministrar alimentos nunha escola da zona. O incidente aconteceu ás 10.15 da mañá (UTC +02:00)[7] preto dos asentamentos de Kibumba[11] e Kanyamahoro.[2] O WFP e mais o gobernador de Kivu Carly Nzanzu confirmaron que o ataque ocorreu nunha estrada asegurada e previamente autorizada para viaxar sen escoltas de seguridade.[12][13] Attanasio era o obxectivo principal do ataque[14], cando os homes armados tentaron secuestrarlle, fallando na tentativa e comezando un tiroteo, matandoao condutor congolense do convoi das Nacións Unidas, Mustapha Milambo[10][15][2]. Os atacantes ameazaron aos outros seis membros do convoi e leváronos ao bosque máis achegado[16]. Namentres as forzas de seguridad chegaban ao lugar, un asaltante matou a Vittorio Lacovacci, un home de 30 anos carabineiro. Attanasio foi tamén ferido de bala e hospitalizado en condicións serias no Hospital das Nacións Unidas en Goma[7][2][17], pero morreu en breve despois de sucumbir ás súas feridas por arma de fogo no seu abdome[15][2][18], aos 43 anos de idade, converténdose na terceira morte do ataque.[2][18] Amais, secuestraron tres reféns e abandonaron o lugar; un terceiro home de nacionalidade italiana tamén foi disparado pero logrou escapar.[19][12] Descoñécese se algún dos atacantes foi capturado ou perdeu a vida. Attanasio foi o primeiro embaixador estranxeiro en ser asasinado na República Democrática do Congo dende 1993, e o primeiro embaixador italiano en ser asasinado mentres cumpría o seu mandato.[18]
Os corpos de Attanasio e Ianovacci foron repatriados a Italia utilizando unha aeronave militar.[20] O funeral de estado para ambos celebrouse o 25 de febreiro de 2021, na basílica Santa Maria degli Angeli e dei Martiri en Roma.[21] Segundo o fiscal Alberto Pioletti, as autopsias mostraron que as mortes de Attansio e Iacovacci foron probablemente debidas ao correspondente tiroteo que se provocou no canto dun asasinato premeditado e a consciencia no lugar.[22]
Resposta internacional[editar | editar a fonte]
O primeiro ministro de Italia Mario Draghi pediu abrir unha investigación sobre o ataque aos Estados Unidos e ao WFP.[23] O presidente da República Democrática do Congo Félix Tshisekedi reuniuse coa viúva Zakia Seddiki e comunicoulle que o seu goberno abrira unha investigación en Goma "para que saia á luz todo sobre este odiosos crime canto antes."[24] O ministro italiano de Asuntos Exteriores Luigi Di Maio dixo que "as circunstancias deste brutal ataque aínda non están claras e agotaranse os esforzos para esclarecer o acontecido."[25] Un grupo de investigadores italianos viaxaron a Goma en coordinación cunha investigación fiscal comezada en Roma.[24] Varios xornais italianos dedicaron as súas portadas en forma de tributo aos falecidos; o xornal de Turín La Stampa escribía o titular "Luca e Vittorio. O mellor de Italia."[24] O papa Francisco expresou a mágoa que sentía "pola desaparición destes servidores de paz e lei."[24]
As Forzas Democráticas para a Liberación de Ruanda foron acusadas polas autoridades locais de estar detrás do ataque[26][27]. Con todo, o mesmo grupo negou calquera responsabilidade e condenou o ocorrido, calificándoo como "innoble".[28][29] A muller de Attanasio, Zakia Seddiki, informou a Il Messaggero de que ela cría que Luca "fora traizoado por alguén próximo a nós, á nosa familia", e proseguiu dicindo: "alguén que coñecía os seus movementos falou, vendeulle e traizooulle".[30]
O 5 de marzo de 2021, Mwilanya Asani William, o avogado que investigaba o asasinato de Attanasio e os outros dous homes, foi tamén asasinado por pistoleiros descoñecidos durante unha emboscada.[31]
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Estaba casado, dende 2015, con Zakia Seddiki, orixinaria de Casablanca (Marrocos) e ex presidenta dunha ONG congolense asistindo ás mulleres e mais aos nenos[1][7]. Tiñan tres fillas.[3][6][7]
Mentres vivía en Marrocos, Attanasio declarouse musulmán mediante a shahada, tomando o nome de Amir. Con todo, Attanasio era católico romano, segundo o párroco de Limbiate Angelo Gornati[32], e participaba en actos islámicos xa que era a relixión da muller.[33][32] De feito, Zakia tamén participaba en actos católicos.[32] Tras a súa morte, varias comunidades musulmás celebraron un salat al-gha'ib, ou oración fúnebre ausente, por el e mais Milambo.[33] Baraa Al Obeidi, imán da Mesquita María de Milán, dixo que Luca debe ser considerado como un mártir da comunidade musulmá, xa que foi matado inocentemente polo seu traballo humanitario.[33]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 Pianigiani, Gaia (23 de febreiro de 2021). "Italy Mourns an Ambassador and His Bodyguard, Killed in Congo". The New York Times. Consultado o 24 de febreiro de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 "Italian ambassador to DR Congo dies in attack on UN convoy" (en inglés). The Guardian. 22 de febreiro de 2021. Consultado o 22 de febreiro de 2021.
- ↑ 3,0 3,1 "Chi erano Luca Attanasio e Vittorio Iacovacci" (en italiano). Il Giorno. 22 de febreiro de 2021. Consultado o 22 de febreiro de 2021.
- ↑ "Luca Attanasio, chi era l'ambasciatore morto in Congo: tra i diplomatici italiani più giovani nel mondo, a ottobre il premio "Nassiriya". Disse: «È un lavoro pericoloso»" (en italiano). 22 de febreiro de 2021. Consultado o 22 de febreiro de 2021.
- ↑ Caprara, Maurizio (22 de febreiro de 2021). "Luca Attanasio, chi era l’ambasciatore ucciso in Congo". Corriere della Sera (en italiano). Consultado o 22 de febreiro de 2021.
- ↑ 6,0 6,1 "Luca Attanasio: Italian ambassador killed in Congo during kidnap attempt". The Independent. 22 de febreiro de 2021. Consultado o 22 de febreiro de 2021.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 "L'ambassadeur italien en RDC tué dans une attaque : ce que l'on sait". L'Express (en francés). 22 de febreiro de2021. Consultado o 24 de febreiro de 2021.
- ↑ Kamale, Jean-Yves; Winfield, Nicole (22 de febreiro de 2021). "Three killed, including Italian ambassador, in Congo attack". Associated Press (en inglés). Consultado o 24 de febreiro de 2021.
- ↑ Plotino, Carmen (13 de outubro de 2020). "Premio Nassiriya per la Pace a Luca Attanasio, ambasciatore italiano in Congo". Corriere della Sera (en italiano). Consultado o 22 de febreiro de 2021.
- ↑ 10,0 10,1 10,2 10,3 Specia, Megan; Pianigiani, Gaia (22 de febreiro de 2021). "Italian Ambassador Among Three Killed in Attack on U.N. Convoy in Congo". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 22 de febreiro de 2021.
- ↑ MONUSCO (22 de febreiro de 2021). "L’attaque a eu lieu à Kibumba, à 25 kilomètres au nord-est de Goma, dans la province du Nord-Kivu" (en francés).
- ↑ 12,0 12,1 "Attack on World Food Programme field mission in Eastern Democratic Republic of Congo | World Food Programme". www.wfp.org (en inglés). Consultado o 22 de febreiro de 2021.
- ↑ Uaykani, Alain (22 de febreiro de 2021). "Italian ambassador to DR Congo dies after WFP convoy attacked". Al Jazeera (en inglés). Consultado o 23 de febreiro de 2021.
- ↑ "Attentato in RD Congo: morto ambasciatore italiano Luca Attanasio, uccisi anche un carabiniere e l’autista". Fanpage (en italiano). 22 de febreiro de 2021. Consultado o 22 de febreiro de 2021.
- ↑ 15,0 15,1 Rome, Jeremy Kelly, Kinshasa | Tom Kington. "Italian ambassador among three killed in Congolese ambush" (en inglés). ISSN 0140-0460. Consultado o 22 de febreiro de 2021.
- ↑ "Congo, uccisi l'ambasciatore italiano Luca Attanasio, un carabiniere della scorta e l'autista – "Portati nella foresta e giustiziati"". TGCom24 (en italiano). 22 de febreiro de 2021. Consultado o 22 de febreiro de 2021.
- ↑ "Italian ambassador, police officer and driver killed in attack in Congo". CBS News. 22 de febreiro de 2021. Consultado o 24 de febreiro de 2021.
- ↑ 18,0 18,1 18,2 "Italian ambassador to DR Congo killed in UN convoy attack". BBC News (en inglés). 22 de febreiro de 2021. Consultado o 22 de febreiro de 2021.
- ↑ "Attanasio e Iacovacci portati nella foresta e uccisi. Congo: tutti gli aggiornamenti". Quotidiano.net (en italiano). 22 de febreiro de 2021. Consultado o 22 de febreiro de 2021.
- ↑ Mahamba, Fiston; Holland, Hereward (23 de febreiro de 2021). "Italy repatriates ambassador and bodyguard killed in Congo". Reuters. Consultado o 24 de febreiro de 2021.
- ↑ "Attanasio e Iacovacci: funerale di Stato in S. Maria degli Angeli a Roma. «Vite strappate da violenza stupida»". Corriere della Sera. Consultado o 25 de febreiro de 2021.
- ↑ Di Donato, Valentina; Braithwaite, Sharon (25 de febreiro de 2021). "Italian ambassador died in gunbattle in DRC, not execution, prosecutor says". CNN (en inglés). Consultado o 26 de febreiro de 2021.
- ↑ D'Emilio, Frances (24 de febreiro de 2021). "Italy presses UN for answers on envoy's slaying in Congo". Associated Press. Consultado o 24 de febreiro de 2021.
- ↑ 24,0 24,1 24,2 24,3 Pianigiani, Gaia (23 de febreiro de 2021). "Italy Mourns an Ambassador and His Bodyguard, Killed in Congo". The New York Times. Consultado o 24 de febreiro de 2021.
- ↑ Kamale, Jean-Yves; Winfield, Nicole (22 de febreiro de 2021). "Three killed, including Italian ambassador, in Congo attack". Associated Press. Consultado o 24 de febreiro de 2021.
- ↑ "Per l'ambasciatore ucciso c'è la pista dei guerriglieri del Ruanda". AGI – Agenzia Italiana (en italiano). 22 de febreiro de 2021. Consultado o 22 de febreiro de 2021.
- ↑ Mahamba, Fiston; Bujakera, Stanis (22 de febreiro de 2021). "Italy's envoy to Congo killed in attack on U.N. convoy". Reuters (en inglés). Consultado o 22 de febreiro de 2021.
- ↑ ""Ambasciatore e carabiniere uccisi dai rapitori"". Adnkronos. Consultado o 23 de febreiro de 2021.
- ↑ Kamale, James-Yves; Petesch, Carley (23 de febreiro de 2021). "Congo, Italy dispatch investigators into ambassador's death". The Washington Post (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2021. Consultado o 23 de febreiro de 2021.
- ↑ "Widow of slain Italian Ambassador Luca Attanasio says he was 'betrayed'". Al Arabiya. 26 de febreiro de 2021. Consultado o 9 de maio de 2021.
- ↑ "Congo, ucciso in un'imboscata il procuratore che indagava sulla morte di Attanasio e Iacovacci". Quotidiano.net (en italiano). 5 de marzo de 2021. Consultado o 8 de marzo de 2021.
- ↑ 32,0 32,1 32,2 "Attanasio, il parroco: "Luca era un cattolico praticante, non si era convertito all'Islam"". Il Messaggero. 24 de febreiro de 2021. Consultado o 5 de marzo de 2021.
- ↑ 33,0 33,1 33,2 "Ambassador Luca Attanasio was a Muslim? He's a Martyr, the Imam Says". La Luce. 28 de febreiro de 2021. Consultado o 5 de marzo de 2021.
Predecesor: Luigi Scotto |
Embaixador italiano na República Democrática do Congo 5 de setembro de 2017 - 22 de febreiro de 2021 |
Sucesor: vacante |