Luca (filme de 2021)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Luca
Logo do filme.
Ficha técnica
Título orixinalLuca
DirectorEnrico Casarosa
ProdutorAndrea Warren
Guión
Baseado enHistoria de
  • Enrico Casarosa
  • Jesse Andrews
  • Simon Stephenson
Intérpretes
MúsicaDan Romer
Fotografía
  • David Juan Bianchi
  • Kim White
Montaxe
  • Catherine Apple
  • Jason Hudak
Estudio
DistribuidoraWalt Disney Studios Motion Pictures
EstreaAcuario de Xénova: 13 de xuño de 2021
 18 de xuño de 2021
Duración95 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroAnimación
Recadación11,6 millóns de dólares
Na rede
https://movies.disney.com/luca
IMDB: tt12801262 Filmaffinity: 775531 Allocine: 285584 Rottentomatoes: m/luca_2021 Allmovie: v726840 Metacritic: movie/luca
Twitter: PixarLuca Instagram: pixarluca Editar o valor em Wikidata

Luca é un filme estadounidense de 2021 de animación producido por Pixar Animation Studios e distribuído por Walt Disney Studios Motion Pictures. Foi dirixido por Enrico Casarosa (no seu debut como director de longametraxes), escrito por Jesse Andrews e Mike Jones e producido por Andrea Warren. Está protagonizado polas voces de Jacob Tremblay, Jack Dylan Grazer, Emma Berman, Saverio Raimondo, Maya Rudolph, Marco Barricelli, Jim Gaffigan, Peter Sohn, Lorenzo Crisci, Marina Massironi e Sandy Martin.

Ambientado na riviera italiana, o filme conta a historia de Luca Paguro, un neno monstro mariño coa habilidade de asumir a forma humana cando está en terra, que explora a vila de Portorosso co seu novo mellor amigo Alberto Scorfano.[1] Luca inspírase na nenez de Casarosa en Xénova; diversos artistas de Pixar foron enviados á riviera italiana para investigar sobre a cultura italiana e os seus espazos. Os monstros mariños, unha "metáfora para os que se senten diferentes", están vagamente baseados en antigos mitos italianos.[2][3] Ó igual que La Luna, o deseño e a animación están inspitados nos debuxos e obras de stop-motion, así como no estilo de Hayao Miyazaki. Casarosa describiu o resultado como un filme que "rende homenaxe a Federico Fellini e outros directores clásicos italianos, cun chisco de Miyazaki na mestura".[4]

Personaxes[editar | editar a fonte]

Jacob Tremblay pon a voz do personaxe principal.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Rubin, Rebecca (30 de xullo de 2020). "Pixar Shares Details About Next Original Film 'Luca'". Variety. Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2020. Consultado o 3 de agosto de 2020. 
  2. Bill Desowitz (25 de febreiro de 2021). "'Luca' First Trailer: Pixar's Italian Coming-of-Age Sea Monster Feature Is Quirky and Inclusionary". IndieWire. Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2021. Consultado o 16 de marzo de 2021. 
  3. "Inspired: Deanna Marsigliese, The Art of the Pivot ", Inside Pixar, season 1, episode 2, Disney, 2021.
  4. Travis, Ben (18 de xaneiro de 2021). "Luca: The Inspiration Behind Pixar's Mythical Coming-Of-Age Adventure - Exclusive Image". Empire. Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2021. Consultado o 11 de febreiro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]