Lucía Rodríguez Fernández
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Lucía Rodríguez.
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1999 Navia de Suarna, España |
| Grupo étnico | Pobo galego |
| Actividade | |
| Ocupación | xornalista |
Lucía Rodríguez Fernández, nada en Navia de Suarna en 1999, é unha animadora cultural e xornalista galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Graduada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, mestrado de Comunicación Dixital e Novas Tecnoloxías pola Universitat Abat Oliba de Barcelona e outro de Copywriting na Barcelona School of Creativity. Creadora do proxecto de divulgación comarcal O Argueiro dos Ancares. Iniciadora de A. V. Irmandade Naviega, Asociación Ser e A. C. Rente ao Couce. Foi fundadora de O Ferrado. Traballa como copy nunha axencia de publicidade e colabora con iniciativas relacionadas coa dinamización do mundo rural.