Lubricated Goat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lubricated Goat
OrixePerth/Sydney, Australia Australia
Período1986 - ca. 1995
2003 - presente
Xénero(s)noise rock, grunge, punk rock
Selo(s) discográfico(s)Black Eye, Amphetamine Reptile, Sub Pop, PCP, Reptilian
MembrosStu Spasm
Martin Bland
Peter Hartley
Antigos membrosCharles Tolnay
Martin Bland
Peter Hartley
Brett Ford
Artistas relacionadosZulu Rattle, Salamander Jim, Kryptonics, Crunt, LoveStruck, Art Gray Noizz Quintet
Na rede
MySpace: lubricatedgoat Musicbrainz: 43034f79-d08f-49e3-a9f0-54b9b6a28508 Songkick: 77967 Discogs: 266850 Editar o valor em Wikidata

Lubricated Goat é unha banda australiana de noise rock activa dende mediados dos anos 80 ata mediados dos 90. Despois de separarse volveron á actividade en 2003. Conseguiron certa notoriedade por tocar nus nun programa de televisión, levando só os seus instrumentos e o seu calzado. Principalmente influenciada por grupos como The Stooges e The Birthday Party, tocan un estilo sucio e de rock que precedeu ao grunge.

Historia[editar | editar a fonte]

Lubricated Goat formouna en Sydney o músico Stu Spasm (Stuart Grey). Cando regresaba dunha viaxe a Inglaterra, Spasm pasou por Perth para visitar o antigo batería de Singing Dog Brett Ford, que entaba entón tocando en The Kryptonics con Peter Hartley.

No seu tempo en Perth, Stu gravou o que posteriormente se convertería na cara A do EP Plays The Devil’s Music EP nos No Sweat Studios con Ford e Hartley. A cara B gravouse en Adelaide nun catro pistas co batería Martin Bland (Bloodloss/Salamander Jim).

Lubricated Goat asinou un contrato con Red Eye Records, pertenciçente a Black Eye Records. Ao pouco tempo a banda trasladouse a Sydney, onde anteriormente Stu coñecera a Guy Maddison da banda Greenhouse Effect (actualmente está en Mudhoney), e ofreceulle a oportunidade de tocar o baixo en Lubricated Goat. A meirande parte dos membros vivían en Cleveland Street, nunha vella mansión destartalada que foi bautizada como "Gracelands", e que era un refuxio para músicos e artistas.

En 1988, Lubricated Goat editou o seu álbum de estrea, Paddock Of Love, que contaba co tema "In The Raw". A banda posteriormente interpretou ese tema en playback no programa Blah Blah Blah da Australian Broadcasting Corporation, onde tocaron nus, causando bastante indignación nos medios australianos. Realizouse un documental sobre este feito titulado In The Raw, onde se explica como e porque a banda saíu a tocar ser roupa.

Nesas datas a formación cambiou; despediron a Hartley e Ford deixou o grupo sendo substituídos polo guitarrista Sir Charles Tolnay Esquire, de Grong Grong e King Snake Roost, e por Gene Revet, batería de The Space Juniors. En 1989 a nova formación gravou o EP Schadenfreude. Charlie e Gene non xiraron polos Estados Unidos, no seu lugar a Stu e Guy uníronselles Renastair EJ e Martin Bland para a súa primeira xira por ese país. Posteriormente, despois da marcha de Guy, esa formación gravou o álbum Psychedelicatessen con Lachlan McLeod no baixo.

Lubricated Goat reeditou o seu fondo de catálogo a través de Amphetamine Reptile Records nos Estados Unidos, e de Normal en Europa antes da súa primeira xira estadounidense a mediados de 1989. En 1990 a banda comezou a súa primeira xira europea, marcada pola traxedia debido ao apuñalamento de Spasm en Berlín. O incidente fixo que a banda entrase nun período de hiato.

Despois do hiato[editar | editar a fonte]

Varias encarnacións de Lubricated Goat, a miúdo só contando con Stu Spasm, existiron dende entón, gravanco material para Sub Pop, PCP, Sympathy for the Record Industry e REPTILIAN. Spasm tamén tocou en Crunt, onde tamén estaba a súa muller Kat Bjelland, de Babes in Toyland e o batería de Jon Spencer Blues Explosion Russell Simins.

En 2007, unha nova formación de Lubricated Goat comezou a compoñer novas cancións e a interpretalas ao vivo, xunto cunha selección de temas clásicos do grupo. Desta volta a banda incluía tamén a Anne Mette Rasmussen nos teclados, efectos de son e coros, Creighton Chamberlain (antigo membro de Heroine Sheiks) no baixo, e 'Bloody' Rich Hutchins (membro de Live Skull, Of Cabbages and Kings, Sugartime, Phideaux, Hungry March Band) na batería.

No 2009 a banda volveu cambiar de compoñentes, sendo Creighton Chamberlain substituído por Jack Natz, que tocara o baixo co grupo de cando en vez a finais dos 90 e durante os 2000. Anne Mette Rasmussen abandonou para formar LoveStruck, onde tamén están Stu Spasm e Rich Hutchins. Esta nova formación de Lubricated Goat atópase na actualidade compoñendo e gravando novo material.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
Plays the Devil's Music 1987 Black Eye Records
Paddock of Love 1988 Black Eye Records, Amphetamine Reptile
Psychedelicatessen 1989 Black Eye Records, Amphetamine Reptile
Forces You Don't Understand 1994 PCP Entertainment
The Great Old Ones 2003 Reptilian Records