Luba, Guinea Ecuatorial

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 3°27′N 8°33′L / 3.450, -8.550

Luba
View on Luba, Bioko, 2013.JPG
Vista de Luba
Localización
Localización de Luba na illa de Bioko
PaísGuinea Ecuatorial
ProvinciaBioko Sur
CapitalLuba
Xeografía
Altitude181 msnm
Superficie776 km²
Demografía
Poboación23 870 habitantes (2011)
Outros datos
Fundación1778

Luba, ou San Carlos de Luba, é unha cidade costeira, solleira e acolledora, a segunda máis grande da illa de Bioko en Guinea Ecuatorial, situada a 52 quilómetros de Malabo, que é a capital da provincia de Bioko Sur.

Historia[editar | editar a fonte]

A baía de Luba foi descuberta en 1471 polo explorador portugués Fernão do Pó (Fernando Poo). Na baía de Boloko, o conde de Arjelejos (brigadier Don Fernando Felipe de los Santos Toro) desembarcou o 24 de outubro de 1778 para tomar posesión dos Territorios do golfo da Guinea, ao mando dos buques Santa Catalina, Soledad e o bergantín Santiago, tomando posesión do lugar en nome do rei de España Carlos III, construíndo unha pequena poboación na baía.

A cidadela foi bautizada como "San Carlos" debido a que o brigadier conde de Argelejos e o tenente coronel Primo de Rivera desembarcaron por primeira vez, enarbolando a bandeira española, naquelas praias fernandinas, baixo o reinado de Carlos III, en honor ao cal déuselle ese nome á poboación da baía.

Durante a ditadura de Francisco Macías Nguema cambiouse o nome a San Carlos de Luba en honor a Luba, xefe (botuku) do poboado bubi de Balaché, quen encabezara unha revolta contra os españois en 1910 (o seu corpo descansa á entrada da cidade de Luba). Existen igualmente varias rúas en cidades do país, co nome de Botuku Luba, na súa memoria. En xaneiro de 1998 produciuse unha revolta bubi, cuxos eventos principais ocorreron en Luba.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Porto de Luba en 2013

Luba encóntrase na costa oeste da illa, baixo montes volcánicos. Durante a colonización española foi un importante centro turístico internacional.

En 1999 inaugurouse un porto preto da cidade, creando un acceso en augas profundas para buques máis grandes, unha alternativa ao conxestionado porto de Malabo, para subministrar combustíbel, auga e outros materiais, e para a exportación de madeira e, desde o ano 2002, de petróleo.

A poboación estimada de Luba en 2003 era de 6 800 persoas,[1] e en 2011, de 23 870.[Cómpre referencia]

Chama a atención a súa praia de area branca, de aproximadamente 4 km de lonxitude.

En 2010 iniciouse a construción dunha nova autoestrada desde Luba, vía Belebú Balachá, até a Reserva científica da Caldeira de Luba de San Antonio de Ureca, cerca da costa sur da illa de Bioko.[2]

A Gran Caldeira[editar | editar a fonte]

Durante os anos desde 1960 a 1968 realizáronse tres expedicións ao interior da Reserva Científica da Caldeira San Carlos (hoxe Luba). As expedicións realizáronse nos períodos 1962-1963 e 1965-1966, participando o entón periodista Luis Marhuenda, varios sacerdotes claretianos e un fotógrafo profesional, con profusión de publicacións en texto e imaxes na prensa e radio local da época. Chegouse até o interior da Gran Caldeira e deixáronse nela marcos de marcación. A última excpedición, efectuada por membros da Orde claretiana, realizouse desde o l2 ao 13 de xaneiro de 1966.

Naquelas datas, as selvas do interior da Gran Caldeira eran verdaderamente virxes, e ningún europeo as penetrara até entón. Os datos están publicados e pódense consultar en números da revista mensual da época "La Guinea Española", editada pola Orde claretiana.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Equatorial Guinea - Encyclopedia Britannica" (PDF). 
  2. Cronin, Drew (Setembro de 2010). "OPPORTUNITIES LOST: THE RAPIDLY DETERIORATING CONSERVATION STATUS OF THE MONKEYS ON BIOKO ISLAND, EQUATORIAL GUINEA (2010)" (PDF). Universidad Nacional de Guinea Ecuatorial, Drexel University. p. 7. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de marzo de 2012. Consultado o 19 de xullo de 2021. 
  3. Revistas mensuales de "La Guinea Española"