Luar (programa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°50′14.8″N 8°32′47.7″O / 42.837444, -8.546583

Luar
Presentado por Xosé Ramón Gayoso
Esther Estévez
Cadea TVG
Día da estrea 30 de setembro de 1992

Na rede
https://crtvg.gal/luar
IMDB: tt0474503 Facebook: luartvg Twitter: luartvg Instagram: luartvg Editar o valor em Wikidata

Luar é un programa da Televisión de Galicia. Trátase dun dos grandes éxitos da TVG, sendo líder de audiencia na súa franxa horaria e cunha especial relevancia na audiencia entre os galegos emigrados a través de Galicia TV. Mantense no aire desde o 30 de setembro[1] de 1992, presentado dende os seus inicios por Xosé Ramón Gayoso.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Dirixido por Teo Manuel Abad e Xosé Ramón Gayoso, realizado por Teo Manuel Abad e presentado tamén por Xosé Ramón Gayoso. Emítese en directo desde o Plató 1000 en Montouto, Teo, os venres á noite. É un programa eminentemente musical que lle dá un amplo espazo á música galega sobre todo á tradicional, aínda que no programa hai espazo para o humor e os concursos. O programa repítese os domingos ás 16:15.

Moitas figuras do audiovisual e da música galega fixeron as súas primeiras aparicións nel ou ben fixéronse coñecidos en toda Galicia como Luís Tosar, Mercedes Peón, Paula Vázquez ou Os Tonechos, pero en total pasaron polo programa máis de 5.000 artistas.

Miss Vaca[editar | editar a fonte]

O programa Luar celebra cada ano o concurso Miss Vaca onde 4 vacas compiten representando a cada unha das provincias galegas. Durante a emisión do programa o público pode votar pola súa vaca favorita por vía telefónica ou a través das redes sociais.

Participantes[editar | editar a fonte]

Laura Casares, Mucha e Nucha, Xosé Ramón Gayoso e Luis Zahera na gravación da 801ª emisión de Luar.

Esta é unha lista (incompleta) dos participantes máis destacados no programa:

Ex-participantes[editar | editar a fonte]

Audiencia[editar | editar a fonte]

Tempada tras tempada sitúase entre os cinco primeiros na clasificación dos programas galegos máis vistos. Luar foi o quinto programa máis visto da TVG na tempada 2006-07, con 181.000 espectadores de media e o segundo en cota de pantalla cunha porcentaxe do 22,71%. Na tempada 2007-08 sufriu un pouco o desgaste e a fragmentación da audiencia ao facer unha media de 175.000 espectadores cun 20,54% de audiencia. En 2022 seguía liderando a audiencia con fenómenos como as Tanxugueiras.[9]

Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]

Premios Mestre Mateo[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Receptor Resultado
2002 Mellor programa de televisión TVG Nomeado
Mellor comunicador de televisión Xosé Ramón Gayoso Gañador
2003 Mellor programa de televisión TVG Nomeado
2010 Mellor comunicador de televisión Xosé Ramón Gayoso Nomeado
2013 Mellor realizador Carola Prego Grueiro Nomeada
Mellor programa de televisión TVG Nomeado
Mellor comunicador de televisión Xosé Ramón Gayoso Gañador
2014 Mellor programa de televisión TVG Nomeado
2015 Mellor comunicador/a de televisión Lucía Regueiro Nomeada

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]