Luisa Castro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Luísa Castro Legazpi»)
Luisa Castro
Nome completoLuisa Castro Legazpi
Nacemento6 de xaneiro de 1966
Lugar de nacementoFoz
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
Ocupaciónescritora, ensaísta, xornalista e xornalista de opinión
CónxuxeXavier Rubert de Ventós
FillosXita Rubert Castro
PremiosPremio Torrente Ballester, Premio internacional de poesía Rei Xoan Carlos I, Premio Hiperión e Premio Biblioteca Breve
Na rede
Bitraga: 1387 Dialnet: 156667
editar datos en Wikidata ]

Luisa Castro Legazpi, nada en Foz o 6 de xaneiro de 1966[1], é unha escritora e columnista galega en galego e castelán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla de mariñeiro, Luisa Castro é a menor de dúas irmás. Logo de comezar estudos de Filoloxía Hispánica en Santiago de Compostela, trasladouse a Madrid. Alí colaborou con diversos medios de comunicación e especializouse en Lingüística pola Universidade Complutense. Amplíou os seus estudos en Urbino (Italia). En Nova York, onde se trasladou máis tarde, cursou un máster en guión. Regresou a Barcelona ao rematar.

Contraeu matrimonio co filósofo Xavier Rubert de Ventós, de quen se separou posteriormente, volvendo residir a Santiago de Compostela.

Traduciu ao castelán o libro de relatos Arraianos, de Xosé Luís Méndez Ferrín.[2] Traballa como colaboradora habitual de La Voz de Galicia, El Mundo e El País.

Nos últimos anos foi directora do Instituto Cervantes de Nápoles, de Bordeos e de Dublín onde reside.[3]

Obra en galego[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola liberdade (1995, Ediciós do Castro).
  • Poetas e narradores nas súas voces. I (2001, Consello da Cultura Galega).
  • Carlos Casares: a semente aquecida da palabra (2003, Consello da Cultura Galega).
  • From the beginning of the sea (De onde comeza o mar) (2008, Foreign Demand).

Artigos[editar | editar a fonte]

  • Melancolía de sofá (2009).

Obra en castelán[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Odisea definitiva. Libro póstumo (1984).
  • Los versos del eunuco (1986) I Premio Hiperión.
  • Los seres vivos (1988).
  • Los hábitos del artillero (1989) VI Premio Rey Juan Carlos.
  • De mí haré una estatua ecuestre (1997).
  • Señales con una sola bandera: poesía reunida 1984-1997 (2004).
  • Amor mi señor (2005).
  • Actores vestidos de calle (2018).

Narrativa[editar | editar a fonte]

Novela
Relatos

Artigos[editar | editar a fonte]

  • "Carmen Martín Gaite" en Retratos literarios: escritores españoles del siglo XX evocados por sus contemporáneos (1997).
  • Diario de los años apresurados (1998).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Cuevas-Morales, S. (2003): Diccionario universal bio-bibliográfico de autoras que escriben en castellano. Siglo XX. Madrid: Aconcagua Publishing. Páx. 106.
  2. "Arraianos. Relatos de la Raya, tierra de nadie". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 2019-11-02. 
  3. Lugo, El Progreso de (2021-12-18). "Luisa Castro dirixirá en Dublín o Cervantes: "Vou estar na casa"". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2023-04-09. 
  4. Vilavedra, Dolores, ed. (2000). Diccionario da Literatura Galega. Obras III. Galaxia. ISBN 84-8288-365-8. 
  5. "Ballenas". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-02. 
  6. "Wale und andere Gedichte". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-02. 
  7. "Un amor antiguo". bibliotraducion.uvigo.es (en castelán). Consultado o 2023-10-24. 
  8. En 2004 foi incluído na Biblioteca Gallega de Autores en Castellano de La Voz de Galicia

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • "Luisa Castro o la escritura doble", de Béatrice Rodríguez, en Mujeres novelistas: jóvenes narradoras de los noventa (coord. por Alicia Redondo Goicoechea; Madrid, Narcea, 2003, pp. 97–107). ISBN 84-277-1421-1.
  • "En busca del secreto de la narrativa de Luisa Castro", de Ángeles Encinar, en La pluralidad narrativa: escritores españoles contemporáneos (1984-2004) (coord. por Ángeles Encinar Félix e Kathleen M. Glenn; Madrid, Biblioteca Nueva, 2005, pp. 149–162). ISBN 84-9742-447-6.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]