Luísa Abad

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Luísa Abad
Marialuisaabadcoeducación2021.jpg
Nacemento20 de agosto de 1951
Lugar de nacementoA Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmestra, pedagoga e escritora
Na rede
AELG: 610 Dialnet: 162898
editar datos en Wikidata ]

María Luísa Abad Abad, nada na Coruña o 20 de agosto de 1951, é unha mestra, asesora de educación infantil, divulgadora didáctica, especializada en coeducación, orientadora escolar e escritora galega.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Iniciou estudos de Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela, licenciandose en Pedagoxía na Universidade de Barcelona, mestra de primaria en Galicia e Barcelona, exerceu como orientadora escolar a nivel de secundaria no CIFP Valentín Paz Andrade (Vigo), onde participou nos programas europeos Leonardo da Vinci e Sócrates_Comenius, e no IES Menéndez Pidal (Zalaeta, A Coruña). Foi asesora de Educación Infantil e coeducadora no CEFORE (Centro de Formación do Profesorado) de Vigo. Na Universidade de Salamanca preparouse como Formadora de Formadores en Educación Infantil.

Deseñou e implementou o apartado de coeducación no Plan de Formación do Profesorado de primeiro tramo de Educación Infantil das Galescolas. Foi compoñente durante 10 anos do Consello de Redacción da revista IN-Fancia, educar de 0 a 6 anos, editada pola Asociación de Rosa Sensat. No 2004 recibiu o premio da Consellería de Educación á innovación educativa polo traballo “Alertando da violencia de xénero”.[2]

Participou nos Programas da Televisión de GaliciaPreescolar na casa nª 207[3] e Nin máis nin menos.[4]

Tras unha vida dedicada á docencia, na súa xubilación continúa a impartir relatorios de educación afectivo-sexual e coeducación e a escribir poesía.

Obra[editar | editar a fonte]

María Luisa Abad Abad.

Publicacións didácticas:[editar | editar a fonte]

En galego[editar | editar a fonte]

  • "Relacións familia-escola", Fardela, CEFOCOP, Ourense nº 1, (pp. 10-11). 1995.
  • "As mulleres e o deporte: unha carreira de obstáculos". Festa da palabra silenciada, ISSN 1139-4854. Nº. 12, 1996, pp. 73–74.
  • Coeducar na educación infantil. Con María Isabel Aguilar. Edicións Xerais de Galicia, 1996. ISBN 84-7507-995-4.
  • “¿Lectura e escritura na escola infantil?”, Revista Galega de Educación nº 29, ISSN: 1132-8932.1997.
  • “Camiñando cara a autoavaliación: nenas e nenos responsables do seu proceso de aprendizaxe”. Revista Galega de Educación nº 31, Vigo ISSN: 1132-8932, abril de 1998, pp 73–74.
  • “Anén-onén: xogando en igualdade na escola infantil”. Colección de Igual a Igual nº 3, Concellería da Muller do Concello de Vigo, marzo de 2003.
  • “A igualdade como solución”. Servizo Galego de Igualdade, Xunta de Galicia. Con Azucena Arias e outras. 2006. ISBN 84-89679-82-7
  • Manual para coeducar na Educación Infantil. Ed. Xerais. 2008. Vigo. 978-84-9782-884-0.[5]
  • “Milenium: outros modelos cos que identificarse”, Festa da palabra silenciada nº 25, Vigo, 2009, pp 162-164. Con Mercedes Oliveira.
  • “Datas e datos para lembrar en pé de igualdade… e non esquecer o resto do ano”. Concello de Vigo. Área de Xuventude, Igualdade e Normalización Lingüística. 2011. Con Mercedes Oliveira e Esther Mato.[6]

En castelán[editar | editar a fonte]

  • "¿Como preparar la primera entrevista con las familias". El Magisterio, p. 12. ISSN:1131833. set. 1996. Madrid.
  • "¿Para Elena un tren y para Juan una muñeca?". Infancia: educar de 0 a 6 años, ISSN 1130-6084, Nº 36, 1996, pp. 28–31.
  • "Mafalda no quiere ser top model". Con Azucena Arias Correa. Aula de innovación educativa, ISSN 1131-995X, Nº 50, 1996, pp. 45–48.
  • "Niñas y ciencia". Con Azucena Arias Correa. Cuadernos de Pedagogía, ISSN 0210-0630, Nº 273, 1998, pp. 18–21.
  • "Género y Educación". La escuela coeducativa, Ed Graó. 2002. Con Azucena Arias Correa e outras.
  • "Las formadoras de educación infantil: de ayer... a hoy". Con María Adoración de la Fuente. Infancia: educar de 0 a 6 años, ISSN 1130-6084, Nº. 80, 2003, pp. 24–27.
  • "Niños jugando a "juegos de niñas"". María Luisa Abad Abad. Aula de infantil, ISSN 1577-5615, Nº. 78, 2014, pp. 42–43.
  • "Educar con perspectiva de género en el segundo ciclo". Aula de infantil, ISSN 1577-5615, Nº. 75, 2014, pp 18–21.

En catalán[editar | editar a fonte]

  • "Nens que juguen a "jocs de nenes"". Guix d'infantil, ISSN 1577-5623, Nº. 78, 2014, pp. 42–43.
  • "Educar amb perspectiva de gènere al segon cicle d'educació infantil". Guix d'infantil, ISSN 1577-5623, Nº. 75, 2014, pp. 18–21.

Colaboracións:[editar | editar a fonte]

  • “II Plan Municipal para a Igualdade de Oportunidades e de trato das mulleres de Vigo” (2003-2004). Concellería da Muller do Concello de Vigo, febreiro de 2003. Con Mercedes Oliveira, Amada Traba e Luz Varela.
  • “¿Ata-cando? Actividades sobre a violencia de xénero no IES Paz Andrade de Vigo”. Escola do Faro nº 80, Faro de Vigo, xan. 2004.
  • “Contra os malos tratos Actividades sobre a violencia de xénero no IES Paz Andrade de Vigo”. Escola do Faro nº 101, Faro de Vigo, Xan. 2005.
  • “Maltrato entre iguais” Programa de sensibilización sobre o maltrato entre iguais. Xunta de Galicia. 2005.[7]
  • “No sexo, guíate ben”. Vicepresidencia da igualdade da Xunta de Galicia, e distribuída nos centros Quérote de información afectivo-sexual para a mocidade. 2006. Con María Xosé Bravo e Carme Vilariño.

Poesía[editar | editar a fonte]

  • O punto de maduración, 2015, edición agasallo, 125 exemplares, A Coruña.[8]
  • Limaduras de prata. 2017. Autoedición a favor da ACEC, A Coruña, un conxunto de poemas que relatan as percepcións e sentimentos que experimentou durante o tratamento do seu linfoma.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Concello de Oleiros". www.oleiros.org. Consultado o 2019-04-01. 
  2. "Proxecto Meiga. Ver rexistro en detalle". www.opacmeiga.rbgalicia.org. Consultado o 2019-04-01. 
  3. "PREESCOLAR NA CASA - PROGRAMA TVG 207". Consultado o 2019-11-06. 
  4. "NIN MAIS NIN MENOS". Consultado o 2019-11-06. 
  5. "«Manual para coeducar na escola infantil», presentación Blog Xerais". blog.xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 24 de abril de 2020. 
  6. "Concello de Vigo: Concellería de Igualdade". igualdadevigo.org. Consultado o 2019-04-01. 
  7. "Maltrato entre iguais. Programa de sensibilización sobre o maltrato entre iguais | Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional". www.edu.xunta.gal. Consultado o 2019-04-01. 
  8. Comparte+ (2015-06-13). "comparte+: "o punto de maduración", "fermoso" poemario de Luisa Abad". comparte+. Consultado o 2019-04-01. 
  9. Coruña, La Opinión de A. "Un respiro na enfermidade". www.laopinioncoruna.es (en castelán). Consultado o 2019-11-06. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]