Luís Rodríguez Villar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Luís Rodríguez Villar
Nacemento6 de abril de 1908
 Malpica de Bergantiños
Falecemento11 de xuño de 1987
 Malpica de Bergantiños
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónsindicalista
editar datos en Wikidata ]

Luís Rodríguez Villar, coñecido como Luís da Rogita, nado en Malpica de Bergantiños o 6 de abril de 1908 e finado no mesmo concello o 11 de xuño de 1987,[1] foi un sindicalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Membro do Sindicato de Obreros y Profesiones Varias de Malpica da CNT. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu de Malpica con outros republicanos en xuño de 1938 na evasión da motora San Adrián. Cruzou a fronteira desde Audierne e loitou en Teruel. Fuxiu novamente a Francia e estivo detido en Argelès-sur-Mer. Continuou a loita contra os nazis até que foi detido cando tentaba cruzar a fronteira suíza. Deportado a Mauthausen, ingresou o 25 de xaneiro de 1941. Logrou sobrevivir e foi liberado o 5 de maio do 1945. Quedou en Francia. Regresou a Malpica en agosto de 1978.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Germana Gilquin.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 12-6-1987, p. 65.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]