Luís Pérez González
Luís Pérez González | |
---|---|
Nacemento | 1825 |
Lugar de nacemento | Riotorto |
Falecemento | 1905 |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Luís Pérez González, nado na Augaxosa (Riotorto) en 1825 e finado no mesmo concello en 1905, foi un político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Foi alcalde de Riotorto entre os anos 1868 e 1875. Promoveu a construción da actual Casa do Concello, onde se situaron as escolas públicas, o xulgado e o cárcere.
Recibiu a Cruz do Mérito Militar de primeira clase polos servizos prestados como xefe da columna de voluntarios que perseguiu os carlistas.
A sociedade Hijos del Ayuntamiento de Riotorto promoveu a elaboración dun busto de bronce que na súa honra, que preside a casa do concello. Hai unha placa coa inscrición:
"DON LUIS PEREZ GONZALEZ 1825-1905 CONSAGRO SU ESFUERZO E INTELIGENCIA AL BIENESTAR DE SU PUEBLO. TESTIMONIO ESPONTANEO DE GRATITUD DE SUS HERMANOS EMIGRADOS LOS HIJOS DE RIOTORTO. EN BUENOS AIRES 14 DE NOVIEMBRE DE 1928".
Predecesor: ? |
![]() Alcalde de Riotorto 1868 - 1875 |
Sucesor: ? |