Lois II de Francia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Luís II o Tatexo»)
Lois II de Francia
Nacemento1 de novembro de 846
Lugar de nacementovalor descoñecido
Falecemento10 de abril de 879
Lugar de falecementoCompiègne
SoterradoCompiègne
Ocupaciónmonarca
PaiCarlos II o Calvo
NaiErmentruda de Orleáns
CónxuxeAnsgarda de Borgonha e Adelaide de Paris
FillosLois III de Francia, Carlomán II, Carlos III de Francia, Ermentrude of France e Gisela der Franken
IrmánsLothar the Lame, Carlos, a Criança, Carlomano, filho de Carlos, o Calvo, Drogo, Pepino, Carlos, Rothilde, Judite de Flandres, Ermentrude, Hildegarda, Gisla e Rotruda
Na rede
WikiTree: Carolingian-56
editar datos en Wikidata ]

Lois II de Francia[1] ou Luís II de Francia, chamado o Tatexo (en francés: Louis II le Bègue), nado o 1 de novembro de 846 e finado en Compiègne en 879, foi un rei carolinxio, fillo máis vello de Carlos o Calvo. Foi rei de Aquitania desde o 867 e sucedeu ao seu pai como rei de Francia en 877[2].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do emperador Carlos II o Calvo e da súa muller Ermentruda de Orleáns, naceu o 1 de novembro de 846.

Revoltouse contra o seu pai en 862 e aliouse con Pipino II de Aquitania e cos bretóns rebeldes, pero foi rapidamente sometido e foi perdoado. Morto o seu irmán Carlos o Neno o 29 de decembro do 866, o seu pai designouno novo rei de Aquitania e coroouno a mediados de Coresma no 867 nun palacio real nas beiras do Loira chamado Bellus Pauliacus. Os señores de Aquitania recoñecérono e o seu pai dispuxo para o seu servizo varios oficiais, entre eles Bernardo Plantapilosa, conde de Auvernia, aínda que Lois permaneceu ao seu carón sen poder ir a Aquitania xa que non se fiaba.

Na asemblea de Servais na pascua de 872, Carlos o Calvo regulou, entre outras cousas, os asuntos do Reino de Aquitania e decidiu enviar a Lois ao reino e confiarlle a administración pero para se asegurar de que non faría nada conta el adxudicoulle un ministro de plena confianza do que dependía totalmente. Este posto foi conferido a Bosón de Vienne, o seu cuñado, que xa era duque de Lión, e ao que nomeou camareiro e mestre de uxieres (magister hostiariorum). Como pago deste traballo de confianza déuselle o condado de Bourges ou Berry, que antes fora propiedade dun tal Xerardo[3], pero ao que o rei Carlos desposuíra. Para a administración de Aquitania Bosón tivo como adxuntos a Bernardo de Gotia e a Bernardo Plantapilosa do condado de Autun aos que lle deu o condado de Auvernia (quizais debido á morte do fillo Guerino, conde como neto do último Bernardo I de Auvernia, cuxa filla e nai de Guerino era a esposa de Bernardo Plantapilosa, e Bernardo xa debía ser o rexente e administrador). Carlos enviou a Lois acompañado de Bosón a Bourges, a capital do reino.

Á morte do seu pai no 877, foi coroado rei dos francos, polo arcebispo Hincmaro de Reims o 8 de decembro de 877 en Compiègne, pero non emperador. No 878, pouco despois da súa coroación, aliouse con Bosón, conde de Vienne, e con Hugo, marqués de Neustria, conde de Tours, de Angers e de Auxerre, abade laico de Saint-Germain de Auxerre, de Saint-Julien de Auxerre, Saint-Aignan de Orléans, Saint-Riquier, Saint-Bertin, Saint-Martin de Tours, Saint-Vaast de Arras e Sainte-Colombe de Sens, e arcebispo de Colonia en 864, contra o rebelde Bernardo de Gotia a quen conseguiu someter. Bernardo foi privado das súas honras que lle foron dadas a outros nobres. Guifredo o Piloso, conde de Cerdaña e Urgell, recibiu os condados de Barcelona e Xirona (con Besalú), e o seu irmán Mirón o Vello, conde de Conflent, recibiu o Rosellón.

Lois II morreu en Compiègne o 10 de abril do 879 e sucedérono os seus dous fillos maiores.

Familia[editar | editar a fonte]

Nupcias e descendentes[editar | editar a fonte]

En 862 casou con Ansgarda de Borgoña coa que tivo dous fillos, Lois III de Francia e Carlomán II, e tres fillas Xisela, Hildegarda e Ermentruda.

Separado da súa muller, no 878 casou con Adelaida de Friúl, coa que tivo, postumamente, ao futuro Carlos III o Simple.

Devanceiros[editar | editar a fonte]

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
16. Pipino o Breve
 
 
 
 
 
 
 
8. Carlomagno
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
17. Bertrada de Laon
 
 
 
 
 
 
 
4. Lois I o Piadoso
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
9. Hildegarda
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
2. Carlos II o Calvo
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
10. Welf
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
5. Xudite de Baviera
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
11. Hedwig de Baviera
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
1. Lois II o Tatexo
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
6. Odón I de Orleáns
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
3. Ermentruda de Orleáns
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-12-07. 
  2. Armengol, Montse (outubro 2012). "El fundador de la nissaga catalana" (núm. 121). Barcelona. ISSN 1695-2014. 
  3. Non podería ser Xerardo de Auvernia morto en 841, e dificilmente Xerardo de Rosellón, retirado e morto uns dous anos despois con máis de 60 anos, se cadrar 70; no se puido identificar a súa familia

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • "Luís". Diciopedia do século 21 2. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. pp. 1259–1260. ISBN 978-84-8288-942-9. Nome de dezaoito reis de Francia... 
  • Devic, Claude & Vaissette, Joseph (1872): Histoire générale de Languedoc (en francés). Tolosa: Editora Edouard Privat (Ver outras edicións en Google Books Vol. 1 (1840), Vol. 2 (1840), Vol. 3 (1841), Vol. 4 (1749), Vol. 5 (1842), Vol. 6 (1843), Vol. 7 (1843), Vol 8 (1844), Vol 9 (1845).