Saltar ao contido

Lois II de Baviera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Luís II de Baviera»)
Infotaula de personaLois II de Baviera

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(de) Ludwig II. von Bayern Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Ludwig II. Otto Friedrich Wilhelm von Bayern Editar o valor em Wikidata
25 de agosto de 1845 Editar o valor em Wikidata
Nymphenburg Editar o valor em Wikidata
Morte13 de xuño de 1886 Editar o valor em Wikidata (40 anos)
Lago Starnberger (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da mortesuicidio
morte accidental, afogamento Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaIgreja de São Miguel (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lista de reis da Baviera (pt) Traducir
10 de marzo de 1864 – 13 de xuño de 1886
← Maximiliano II da Baviera (pt) TraducirOto da Baviera (pt) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Baviera Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
Altura193 cm Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncoleccionista de arte , monarca Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloRei Editar o valor em Wikidata
FamiliaCasa de Wittelsbach Editar o valor em Wikidata
Cónxuxesen valor
PaisMaximiliano II da Baviera (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Maria da Prússia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsOto da Baviera (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
9 de xuño de 1886incapacitation (en) Traducir
22 de xaneiro de 1867Noivado Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

BNE: XX1641692 Musicbrainz: c2713522-37e7-4300-b08f-adff04531bb3 WikiTree: Wittelsbach-174 Find a Grave: 21119988 Editar o valor em Wikidata

Lois II de Baviera,[1] nado o 25 de agosto de 1845 en Múnic e finado o 13 de xuño de 1886 no lago de Würm, actualmente lago de Starnberg, preto de Schloss Berg, foi rei de Baviera de 1864 a 1886.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Lois e o seu irmán máis novo, Otto, durante a infancia.

Foi fillo do rei Maximiliano II de Baviera e da princesa María de Prusia. Debido á súa posición como herdeiro da coroa, foi consentido inusitadamente nalgúns aspectos, pero severamente controlado polos seus preceptores e suxeito a un estrito réxime de estudo e exercicios. Algúns dos seus biógrafos afirman que moitos aspectos do seu excéntrico comportamento poden explicarse pola presión de crecer na familia real.

Malia todo, a súa mocidade tivo momentos felices, como as visitas ao castelo de Hohenschwangau e ao lago de Starnberg coa súa familia. Durante a adolescencia, Lois forxou unha estreita amizade co seu axuda de campo, o aposto aristócrata Paul Maximilian Lamoral de Thurn e Taxis, membro dunha das familias máis ricas de Baviera. Os dous mozos cabalgaban xuntos, lían poesía en voz alta e representaban escenas das óperas románticas de Richard Wagner. A primeira vez que o novo príncipe Lois presenciou unha obra wagneriana foi o 25 de agosto de 1861, cando se representou ante el Lohengrin, e desde entón mostrou sempre un entusiasmo inusitado pola música de Wagner. A súa relación con Paul rompeuse cando este empezou a interesarse polas mulleres. Paralelamente, o príncipe iniciara unha amizade coa súa curmá, Isabel de Baviera, máis coñecida como Sissi. Ambos amaban a natureza e a poesía, e no seu mundo privado chamábanse «Aguia» (Lois) e «Cisne» (Isabel).

Reinado[editar | editar a fonte]

Lois II de Baviera.

Lois sucedeu ao seu pai, Maximiliano II de Baviera, no ano 1864, á idade de 18 anos, pasando a ser coñecido como Lois II de Baviera. Tivo sempre como ideal os reis absolutistas e quixo reconciliar aos Estados alemáns. Pronto xurdiron dous problemas: a expectativa, sempre frustrada, de procrear un herdeiro e as relacións con Prusia. Lois II estaba comprometido coa princesa Sofía, a súa curmá, irmá máis nova de Sissi, pero logo de pospoñer o enlace varias veces, anulou o compromiso e Sofía casou ao pouco co duque de Alençon, morrendo posteriormente nun incendio.

Malia a súa alianza con Austria e contra Prusia na Guerra das Sete Semanas, aceptou un tratado de defensa mutua cos prusianos en 1867 logo de ser derrotado. Como consecuencia deste tratado, Baviera viuse na obriga de ser aliada de Prusia na guerra Franco-prusiana. Otto von Bismarck persuadiu a Lois na idea dun imperio alemán, co que a posibilidade de independencia de Baviera viuse reducida.

Desilusionado de gobernar na época na que lle tocou vivir, Lois II foise retirando cada vez máis da capital constitucional, Múnic, na que debía residir un número mínimo de meses ao ano, cumprindo tan só o mínimo esixible e facendo que os seus ministros dirixísense ao castelo de Neuschwanstein, onde habitualmente residía, para asinar as leis propostas por estes.

Malia que se insinuou unha relación amorosa entre Lois II e a emperatriz Sissi, hai pouco fundamento para considerala real. A súa amizade, con todo, si foi moi estreita, reforzada pola súa afección pola hípica, a música e a natureza.

Ao longo do seu reinado coñecéronse varios namoramentos do rei con homes apostos, incluíndo ao principal cabalerizo da casa real, Richard Hornig, a estrela de teatro húngara José Kainz e o cortesán Alfons Weber. En 1869, comezou a levar un diario no que rexistraba os seus pensamentos privados e falaba de tentativas de suprimir os seus desexos sexuais e manterse fiel aos dogmas católicos. Os diarios orixinais do rei extraviáronse durante a Segunda guerra mundial, e todo o que queda hoxe son copias de escritos feitos antes da guerra. Estes escritos copiados do diario, xunto con cartas privadas e outros documentos persoais que sobreviviron, suxiren que Lois loitou contra a súa homosexualidade.[2]

Morte[editar | editar a fonte]

Cruz no lugar no que se encontrou o seu cadáver no lago de Starnberg.
Tumba de Lois II de Baviera na Igrexa de San Miguel de Múnic.

A vida excéntrica do rei e a súa personalidade melancólica conduciron ao ditame médico que o declarou, finalmente, incapacitado para gobernar (aínda que se suxeriu que esta non foi senón unha estrataxema familiar para lle arrebataren o trono). Pasou os seus últimos días baixo atención psiquiátrica. A súa morte tivo lugar no lago de Starnberg o 13 de xuño de 1886. Á tardiña, Lois pediu pasear pelos arredores do lago co seu médico psiquiatra Gudden, o cal dignosticáralle unha esquizofrenia paranoide. O médico aceptou de bo grado e mandou aos gardas que non os seguisen, pois ultimamente Lois dera mostras de mellora que lle fixeron confiar. Os dous homes nunca volveron e foron atopados afogados dentro do lago ás 23.30 h. A morte xerou sospeitas sobre todos, pois, de feito, Lois era un gran nadador, e houbo sospeitas sobre os dous homes que "amablemente" os acompañaran até o lago.

Porén, outra versión da historia di que a propia construción de Neuschwanstein (onde acabou vivindo ao final da súa vida, supervisando a súa edificación) desmonta a suposta tolemia do gobernante, a cal non sería senón unha distorsión da súa figura a posteriori realizada polos que lle quixeron apartar do trono. A construción deste palacio, para a que o rei esixiu exclusivamente traballadores e materiais bávaros, sen apenas importacións estranxeiras, desenvolveu unha poderosa industria artesanal que fai que, neste momento, Baviera siga sendo un dos enclaves industriais máis poderosos de Alemaña.

No lugar da súa morte construíuse unha pequena capela na que se realiza unha cerimonia en recordo do rei cada 13 de xuño. O seu corpo foi enterrado na Igrexa de san Miguel en Múnic, e o seu corazón repousa na igrexa da Imaxe Milagrosa de Altötting, como mandaba a tradición dos reis bávaros.

Legado[editar | editar a fonte]

Castelos[editar | editar a fonte]

Castelo de Neuschwanstein.
Linderhof.

Lois II envorcou as súas maiores enerxías en paraísos artificiais, deseñando e construíndo tres grandiosos castelos seguindo o estilo historicista imperante na época: Linderhof, Neuschwanstein e Herrenchiemsee. Daba continuidade deste xeito á tradición da súa familia, que construíra grandes avenidas en Múnic e castelos por toda Baviera. Contrariamente ao que se pensa, Lois II gastou a súa fortuna familiar para a construción destes castelos sen arruinar as arcas do Estado. Na construción dos castelos foi asesorado polo Christian Jank.

As artes[editar | editar a fonte]

Foi o gran mecenas de Richard Wagner, ao cal admiraba desde que era príncipe herdeiro. De feito, o rexeitamento do pobo e o goberno de Baviera aos Wagner (debido, entre outras cousas, ás súas continuas interferencias en política) sumíronlle na melancolía (Wagner acabou por procurar outro mecenas) e foron un factor determinante no seu alleamento da corte e das responsabilidades de gobernante. Din que se trataba probablemente do rei máis próximo aos contos de fadas: admiraba estes relatos desde a súa infancia. As súas narracións preferidas (e nas que se basearon os seus palacios) foron as lendas tradicionais alemás (Tristán e Isolda) e o seu propio retrato no momento da coroación (a cal reflicte a forma en que se presentou ante os bávaros) non andan moi lonxe da representación clásica dun príncipe azul propia da mitoloxía popular xermánica do século dezanove. Segundo este punto de vista, Lois II, tamén chamado o Rei Tolo, desexaba vivir nun mundo de fantasía e por este motivo procurou refuxio nos palacios que construíu. Do mesmo xeito Lois II impulsou a construción do Teatro do Festival de Bayreuth.

Lois II de Baviera na cultura popular[editar | editar a fonte]

Debido a seu mecenado con varios artistas, xa na época poetas como Paul Verlaine ladicáronlle poemas. Kalus Mann escribiu o relato "Fiestra enreixada" sobre a súa morte en Starnberg. Bruckner adicoulle a súa Sétima sinfonía, composta entre 1881 e 1883. Aparece igualmente na novela "Oro y locura sobre Baviera" de Luis Antonio de Villena.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-12-07. 
  2. McIntosh, pp 155–158.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Blunt, Wilfred; Petzet, Michael. The Dream King: Ludwig II of Bavaria. (1970) ISBN 0-241-11293-1, ISBN 0-14-003606-7.
  • von Burg, Katerina. Ludwig II of Bavaria. (1989) ISBN 1-870417-02-X.
  • Calore, Paola. Past and Present Castles of Bavaria. (1998) ISBN 1-84056-019-3.
  • Chapman-Huston, Desmond. Bavarian Fantasy: The Story of Ludwig II. (1955) (Much reprinted but not entirely reliable; the author died before completing the biography.)
  • Philippe Collas, Louis II de Bavière et Elisabeth d'Autriche, âmes sœurs, Éditions du Rocher, Paris/Monaco 2001) (ISBN 978 2 268 03884 1)
  • King, Greg. The Mad King: The Life and Times of Ludwig II of Bavaria. (1996) ISBN 1-55972-362-9.
  • McIntosh, Christopher. The Swan King: Ludwig II of Bavaria. (1982) ISBN 1-86064-892-4.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]