Luís III de Francia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Luís III de Francia
Louis III.jpg
Nacemento863
Falecemento5 de agosto de 882
Lugar de falecementoSaint-Denis
Causacaída de cabalo
SoterradoBasílica de Saint-Denis
Ocupaciónmonarca
PaiLuís II de Francia
NaiAnsgarda de Borgonha
IrmánsGisela der Franken, Ermentrude of France, Carlomán II e Carlos III de Francia
Na rede
WikiTree: Carolingian-88 Find a Grave: 21088 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Luís III de Francia chamado o Novo, nado en 863 ou 864 e finado o 5 de agosto de 882, foi rei de Francia (879 - 882).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado no 863 ou 864, era fillo de Luís II de Francia ao que sucedeu no 879. Compartiu o trono co seu irmán Carlomán II. Foron coroados por Ansexiso, arcebispo de Sens, na abadía de Ferrières en 880. Luís quedou con Neustria e Austrasia e Carlomán con Borgoña e Aquitania. Bosón proclamouse rei de Provenza e Hugo fillo de Lotario II reclamou Lorena, aos que derrotou. Tamén derrotou aos normandos en Saucourt en 881 e 882. Morreu en Saint Denis o 5 de agosto do 882. Sucedeuno o seu irmán Carlomán.

Familia[editar | editar a fonte]

Devanceiros[editar | editar a fonte]

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
16. Carlomagno
 
 
 
 
 
 
 
8. Luís o Piadoso
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
17. Hildegarda
 
 
 
 
 
 
 
4. Carlos II o Calvo
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
9. Xudit de Baviera
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
2. Luís II o Tatexo
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
10. Otón I de Orleáns
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
5. Ermentruda de Orleáns
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
1. Luís III o Novo
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
3. Ansgarda de Borgoña
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

A coroación de Luís III[editar | editar a fonte]

Luís III, fillo de Luís o Tatexo, e Ansgarda de Borgoña[1], converteuse en rei dos francos á morte do seu pai no 879, cando tiña aproximadamente 16 anos. Fora designado como único sucesor polo seu pai, baixo a tutela de Bernardo Plantapilosa, e con Hugo o Abade e Bosón de Provenza como colaboradores[2]. Esta acción tutelar designada polo pai non estaba relacionada coa súa idade, senón coa desconfianza do defunto rei, porque o seu fillo se rebelara o ano anterior. En setembro dese ano os homes de confianza (Bernardo Plantapilosa, Hugo o Abade, Bosón de Provenza e Teodorico de Vergy) do reino dos francos occidentais, coroaron rei as Luís III respectando a derradeira vontade de Luís II pero incluíndo nesta coroación ao irmán mediano, Carlomán, que pasaría á historia como Carlomán II. A cerimonia de coroación tivo lugar na abadía beneditina de Ferrières, preto de Montargis, e a cerimonia estivo presidida polo arcebispo Ansexiso de Sens.

Distribución de territorios[editar | editar a fonte]

En marzo de 880, nunha reunión en Amiens, tivo lugar un repartimento das responsabilidades do goberno: Luís encargaríase de Austria, mentres que o seu irmán Carlomán faríase cargo de Borgoña, Aquitania e a Septimania.

Adversarios de Luís III rei dos francos occidentais

Á morte de Lotario II de Lotarinxia, os seus tíos Carlos o Calvo (rei dos francos occidentais) e Luís o Xermánico (rei dos francos orientais) non recoñeceron ao fillo bastardo de Lotario, Hugo, que era duque de Alsacia, e repartíronse os seus territorios co tratado de Meersen de 870. Nove anos despois, Hugo levantouse contra o neto de Carlos o Calvo, tentando recuperar os territorios que foran do seu pai.

O imperio carolinxio en 880, segundo o Tratado de Ribemont.

O tío de Hugo, duque de Alsacia, chamado Luís o Mozo, convértese en inimigo de Luís III, o motivo tamén é tentar recuperar os territorios usurpados de Lotarinxia. Para facer fronte ao ataque normando, os dous irmáns Luís III e Carlomán II víronse obrigados a negociar a paz. A principios do ano 880 asinan o Tratado de Ribemont. Cando todo parecía estar dirixido á paz, xurdiu un novo inimigo. O que fora nomeado conselleiro, Bosón de Provenza, proclamouse rei (da Borgoña Cisxurana, incluída a Provenza). En agosto do ano 880, entraron en batalla contra Bosón, preto da cidade de Mâcon. Pero as tropas de Bosón non foron derrotadas ata a batalla de Crêches-sur-Saône, coa que os carolinxios recuperaron o condado de Mâcon.

Loita contra os viquingos[editar | editar a fonte]

A vitoria de Luís III e Carlomán II sobre os viquingos no 879, pintura de Jean Fouquet.

O 30 de novembro de 879, preto do río Viena, Luís e Carlomán enfrontáronse aos viquingos, resultando vitoriosos[3]. En agosto de 881 os viquingos volveron atacar, pero os invasores foron derrotados na batalla de Saucourt-en-Vimeu, na que morreron uns 8.000 viquingos. Esta vitoria pasou á historia contada nun poema coñecido como o Ludwigslied ou a Chanson de Louis (tamén coñecido en francés porque o manuscrito se conserva en Valenciennes; a "canción de Luís" en galego), escrito en antigo alto alemán, a lingua precursora do alemán actual[4].

Morte de Luís[editar | editar a fonte]

Luís III tivo unha vida curta, morreu o 5 de agosto de 882, cando tiña uns 19 anos. Fracturou o cranio contra o lintel dunha porta demasiado baixa mentres pasaba por baixo de a cabalo, segundo contan perseguindo a filla dun tal Germond[5] · .[6] O seu corpo foi sepultado na abadía de Saint-Denis e o seu irmán debeu gobernar en solitario dese aquela.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Xenealoxía de Luís III na web Medieval Lands
  2. Nelson 1994, p. 276
  3. BnF - Jean Fouquet
  4. Le Rithmus teutonicus ou Ludwigslied Arquivado 11 de xaneiro de 2006 en Wayback Machine. - facsímile traducido ao francés
  5. Philippe Le Bas, L'Univers, histoire et description de tous les peuples - Dictionnaire encyclopédique de la France, volume 10, 1843, páx 339.
  6. «Perseguía por xogo unha moza mentres que ela fuxía cara á casa de seu pai». Nelson 1994, p. 277

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Janet Nelson: "Charles le Chauve", ed. Aubier, 1994, isbn = 2700722612